Mes: abril 2026

1º Cabodano D. José Luis Gómez Paz e da súa esposa Dña. Obdulia Pena Fraga -D.E.P.-

Falecidos os dias 1 de abril e 23 de abril de 2025, aos 76 e 72 anos de idade, respectivamente, en Seoane (O Carballiño) Fillos: José Luis, Jéssica e Ana María Gómez Pena. Fillos políticos: Cristina e Ángel. Netos: Nicolás, Fabio, Alba e Paula. Irmáns de José Luis: Carmen, Rosa, Marina e Blanca (+) Irmáns de Obdulia: Carmen, Aurora, Jaime, Paquita e José (+) Irmáns políticos, sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración, e a asistencia ao funeral de cabodano que se celebrará o sábado dia 2 de maio ás cinco da tarde na igrexa parroquial de San Xoán…
Read More
A Tertulia de COPE O Carballiño analiza as  últimas novas no pacto PSOE-PP no concello. Escóitaa aquí.

A Tertulia de COPE O Carballiño analiza as últimas novas no pacto PSOE-PP no concello. Escóitaa aquí.

O anuncio feito esta semana dando conta da continuidade do pacto de cogobernanza entre socialistas e populares no concello carballiñés, sen que haxa relevo na alcaldía, e mantendo as mesmas condicións dos últimos dous anos que leva en vigor, acaparou boa parte da tertulia desta semana, na que participaron Gonzalo Rodríguez, Manuel Nogueira, Fátima Gómez, José Antonio Barge e Sebas Lamazares.
Read More
A alcaldesa do Irixo repasa en COPE O Carballiño a actualidade municipal neste concello. Escóitaa aquí

A alcaldesa do Irixo repasa en COPE O Carballiño a actualidade municipal neste concello. Escóitaa aquí

Rosa María Dalama deu conta nos micrófonos desta emisora de radio da xestión do goberno que preside, anunciando, entre outros proxectos, a construcción dunha nave para albergar todo o parque móbil e maquinaria municipais, asi como obras de mellora en varias localidades e a posta en marcha dun novo obradoiro de emprego. A alcadesa tamén comentou sobre a recente reunión de traballo que ven de manter co presidente da Confederación Hidrográfica para diversas actuacios no concello, entre as que están os traballos de limpeza do cauce e ribeira do rí Viñao, o deficit de fosas sépticas, das que aínda carecen…
Read More

D. Francisco Rogel Neira -D.E.P.-

Faleceu o día 29 en Mosteiro -Santa Uxía de Lobás- (O Carballiño) aos 90 anos. Esposa: Nélida Pereira Domínguez. Filla: Mercedes María Rogel Pereira. Fillo político: Emilio Dapena González (Albarellos EMMER). Neta: Nerea Dapena Rogel. Demais familia. Róganlles unha oración e asistencia á conducción o xoves día 30 as cinco da tarde dende Velatorios Veracruz Centro O Carballiño ata a igrexa parroquial de Santa Uxía de Lobás (O Carballiño) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de San Miguel de Piteira, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
Prórroga no pacto de cogobernanza entre PSOE e PP no Carballiño: non haberá relevo na alcaldía e o acordo seguirá vixente nas mesmas condicións dos últimos anos “dando estabilidade e facilitando inversións por importe de 30 millons de euros neste mandato”

Prórroga no pacto de cogobernanza entre PSOE e PP no Carballiño: non haberá relevo na alcaldía e o acordo seguirá vixente nas mesmas condicións dos últimos anos “dando estabilidade e facilitando inversións por importe de 30 millons de euros neste mandato”

Asi o anunciaron nunha comparencia conxunta o rexedor municipal Francisco Fumega e alcalde en funcións Pepe Castro-Gil, PSOE e Partido Popular acordan dar continuidade a este pacto de cogobernanza que leva case dous anos vixente no concello carballiñés. Eso si, non haberá relevo na alcaldía a favor do PP, tal como estaba previsto no acordo, unha circustancia que rexeitaban fai unhos dias no seo do grupo municipal e que agora aceptan finalmente os populares. Francisco Fumega asegurou que unha vez reciba a alta médica e poida reincorporarse a actividade no concello, si facilitaría este relevo, non sendo asi Pepe Castro-Gil…
Read More

D. Antonio Fernández Campos -D.E.P.-

Faleceu o día 28 en A Laixa de Moldes (Boborás) aos 91 anos. Esposa: Teresa Leboreiro Sampedro. Fillos: Julia e José Antonio Fernández Leboreiro. Fillos políticos: José Luis e Nuria. Netos: Iván, David, Oliver e Kenia. Bisneta: Alma. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oracion e asistencia á conducción o mércores día 29 as sete da tarde dende o velorio de Moldes ata a igrexa parroquial de San Mamede de Moldes na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
A nova asociación lúdica do Carballiño “Monxes do Tentáculo” convida á poboación a dúas xornadas de xogos de mesa, cine e confraternización

A nova asociación lúdica do Carballiño “Monxes do Tentáculo” convida á poboación a dúas xornadas de xogos de mesa, cine e confraternización

O salón de plenos do Concello do Carballiño acolleu esta mañá a presentación da asociación lúdica Monxes do Tentáculo, formada por unha vintena de afeccionados aos xogos de mesa e de rol. “É un auténtico orgullo anunciar esta nova asociación que vai enriquecer o tecido cultural e a oferta lúdica do Carballiño”, apuntou Diego Fernández, concelleiro de Cultura, quen puxo en valor as iniciativas deste tipo, impulsadas desde a veciñanza. “Decidimos establecernos formalmente para entrar en contacto con persoas con intereses similares, darlle vida á vila e á comarca, fortalecer os lazos comunitarios, colaborar con outras asociacións e levar a…
Read More
O concello do Carballiño, beneficiario dun programa de fomento do emprego no rural e un novo obradoiro dúal. Escoita aquí a entrevista á concelleira Diana González.

O concello do Carballiño, beneficiario dun programa de fomento do emprego no rural e un novo obradoiro dúal. Escoita aquí a entrevista á concelleira Diana González.

O concello do Carballiño vai poñer en marcha a partir do próximo dia 1 de xuño un programa de fomento do emprego no ámbito rural, concedido pola Xunta, e que desenvolverá a súa actividade durante 6 meses no conxunto de todas as parroquias rurais do municipio, fundamentalmente traballos de limpeza e desbroce en camiños e as franxas de protección para a prevención de incendios forestais. Doutra parte e tamén a través da Concellería de Comercio e Emprego, vén de iniciar o proceso de selección do Obradoiro Dual de Emprego nas especialidades de aproveitamentos forestais e pintura industrial en construción. Un…
Read More
O Carballiño e Piñor, os concellos máis afectados pola tormenta deste domingo.

O Carballiño e Piñor, os concellos máis afectados pola tormenta deste domingo.

O Carballiño foi na tarde deste domingo o municipio da provincia no que o 112 xestionou o maior número de incidencias por causa da tormenta que descargou entre as cinco e as seis da tarde unha gran cantidade de auga en pouco tempo, ata en cinco ocasións tiveron que intervir os servizos de emerxencias para intervir por incidencias relacionadas con baixos de vivendas e ruas anegadas. O Carballiño concentrou a metade das incidencias provocadas na provincia de Ourense na tarde do domingo por causa da tormenta, según os datos facilitados polo 112. No concello de Piñor -como pode apreciarse na…
Read More

Dña. María González López -D.E.P.-

Faleceu o día 26 en O Carballiño aos 89 anos. Esposo: Pascual Tejerina Martínez. Fillo: Mario Tejerina González Filla política: Raquel Fernández Manteca. Netos: Víctor e Daniel. Irmá política: Mercedes Alonso. Sobriños: Lidia e José, e Javier. Primos e demais familia. Róganlles unha oración e asistencia á conducción o luns día 27 as cinco da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº3) ata a igrexa parroquial de San Pedro do Regueiro na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiteiro parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More