Mes: abril 2026

A compañía de teatro Aspadisi estrea a súa primeira obra cunha versión cómica de “Romeo e Xulieta”, este venres no auditorio do Carballiño.

A compañía de teatro Aspadisi estrea a súa primeira obra cunha versión cómica de “Romeo e Xulieta”, este venres no auditorio do Carballiño.

A compañía teatral Aspadisi estrea mañá no Auditorio Municipal Manuel María a súa primeira representación, unha adaptación cómica de “Romeo e Xulieta”, a emblemática obra de Shakespeare. Diego Fernández, concelleiro de Cultura, destacou esta mañá, durante a presentación da función, o traballo realizado polos novos actores, actrices e técnicos de son, así como polos directores, Ricardo Paz e Chicho Carballido. “O teatro é cultura pero tamén ten unha achega social importante e favorece a autoestima, concentración e creatividade das persoas que están dentro”, resaltou o edil, que convidou a toda a poboación a acudir ao Auditorio. “A unha estrea destas…
Read More
As humidades no interior da Veracruz poñen en perigo o “Arco dos 12 Apóstoles” . Escoita aquí a entrevista ao párroco Jorge Juan Pérez.

As humidades no interior da Veracruz poñen en perigo o “Arco dos 12 Apóstoles” . Escoita aquí a entrevista ao párroco Jorge Juan Pérez.

As filtracións de auga están provocando humidades en varios puntos do Templo da Veracruz, a máis visible e a súa vez preocupante, son as que están afectando ao "Arco dos 12 Apóstolos", acaso o conxunto artístico máis emblemático do monumento, obra do mestre canteiro Jesús González. A parroquia xa encargou un informe técnico para buscar solución a esta problemática, un informe que será trasladado á Patrimonio, para protexer este BIC, Ben de Interese Cultural. Asi o avanzou nunha entrevista nesta emisora de radio o párroco do Carballliño, Jorge Juan Pérez. Escóitaa aquí:
Read More
O Carballiño Centro Comercial Aberto impulsa o comercio local co reparto de 10.000 papeletas na campaña “Bicos para Mamá”

O Carballiño Centro Comercial Aberto impulsa o comercio local co reparto de 10.000 papeletas na campaña “Bicos para Mamá”

O Centro Comercial Aberto do Carballiño presenta a campaña “Bicos para Mamá”, unha iniciativa pensada para dinamizar o comercio local coincidindo co Día da Nai e fomentar as compras de proximidade cunha proposta emocional e participativa. A campaña desenvolverase entre o 15 de abril e o 3 de maio, período no que os establecementos asociados repartirán 10.000 papeletas entre a súa clientela. Por cada compra realizada, os consumidores recibirán unha participación para entrar no sorteo de 3 vales de compra de 50 euros cada un. Ademais, “Bicos para Mamá” inclúe unha acción de rúa coa que se pretende implicar á…
Read More
Jorge e Sabrina, chegados desde Buenos Aires, buscan aos seus antepasados entre O Irixo e Boborás

Jorge e Sabrina, chegados desde Buenos Aires, buscan aos seus antepasados entre O Irixo e Boborás

orge e Sabrina, pai e fillo, que viaxaron estes dias desde Arxentina visitan por vez primeira as terras do Irixo e Boborás , e cunha soa idea, encontrar a terra dos seus devanceiros, as súas raices familiares, que deberían estar entre as parroquias do Campo no Irixo e Xurenzás, en Boborás. Achegáronse ata COPE O Carballiño para contarnos a súa historia. Escóitaa aquí, na entrevista con Xan PInal.
Read More
Carlos Méixome publica “Polo avieiro de Dona Emilia”, un libro que nos leva a O Carballiño dos anos 70. Escóitao aquí.

Carlos Méixome publica “Polo avieiro de Dona Emilia”, un libro que nos leva a O Carballiño dos anos 70. Escóitao aquí.

O mestre e historiador Carlos Méixome homenaxea ao Carballiño no seu último libro, “Polo Avieiro de Dona Emilia”, no que dá conta da relación de Emilia Pardo Bazán coa vila do Arenteiro e recorda fitos históricos e personaxes emblemáticos mesturados coa súa propia memoria. Na presentación  da obra, o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, puxo en valor o “gran traballo” realizado por Méixome, que permitirá afondar na relación de Emilia Pardo Bazán co Carballiño, ademais de descubrir historias descoñecidas para parte da poboación. “No libro coñeceremos fitos que ocorreron aquí, como atentados, o vínculo co viño, a historia do Balneario…
Read More
O Arenteiro, que gozou de ocasións para remontar, logra un punto de orgullo propio en Barakaldo

O Arenteiro, que gozou de ocasións para remontar, logra un punto de orgullo propio en Barakaldo

Os vascos, que levaban seis partidos gañados consecutivos no seu estadio de Lasesarre, viroon como o Arenteiro, que chegaba con baixas moi sensibles a este partido, igualou o gol do Barakaldo e mesmo tivo ocasións para voltear o marcador. Os dous goles foron na primeira parte, o Barakaldo saíu mellor pero a primeira gran ocasión foi para o Arenteiro tras un gran centro de Diego Moreno que non encontrou rematador. O exfutbolista do Atletic Club Sabin Merino adiantou aos locais no minuto 18, pero no 27 Kandoussi empatou para o Arenteiro, a partir dese momento o Arenteiro dominou o resto…
Read More
O Arenteiro non levanta cabeza e cae ante o Arenas Club de Getxo

O Arenteiro non levanta cabeza e cae ante o Arenas Club de Getxo

A terceira tempada consecutiva do Arenteiro na Primeira Federación continúa sendo unha cruz para o equipo, desta vez cunha nova derrota e ademáis en Espiñedo na matinal do domingo de Pascua ante os vascos do Arenas Club de Getxo. Desta vez, tamén desta vez, como nos últimos partido en Espiñedo o Arenteiro consigue adiantarse no marcador, pero logo deixase remontar. E cando todo sae mal, os males multiplicanse, os deste partido a lesión de Luca que tivo que abandoar o campo tras recibir un golpe na cabeza, e a expulsión de Mingo con vermella directa no minuto 100 de partido.…
Read More