A Concellería de Comercio e o Centro Comercial Aberto celebran o “Dia do Mercado” co sorteo de varias cestas de productos locais
A Concellería de Comercio e O Carballiño Centro Comercial Aberto impulsan unha campaña moi especial para conmemorar o Día do Mercado, que se celebrará o próximo 30 de maio. Aquelas persoas que realicen compras na Praza de Abastos do Carballiño entre os días 1 e 30 deste mes de maio entrarán no sorteo de varias cestas de produtos locais de calidade. “Queremos premiar a compra no comercio local e poñer en valor o traballo dos praceiros e praceiras da nosa Praza de Abastos”, resalta Diana González, concelleira de Comercio. O sorteo das cestas levarase a cabo o propio día 30…