Espiñedo despídese da Primeira RFEF ante a Ponferradina, 0-1
Baixou o telón da Primeira RFEF en Espiñedo, deixando atrás tres tempadas do Arenteiro na esixente categoria de Bronce do fútbol español, e fixoo con derrota ante a SD Ponferradina que con este triunfo no Carballiño optará a derradeira xornada do campionato a meterse entre os cinco primeiros postos que dan dereito a xogar a promoción de ascenso á Liga de Fútbol Profesional. O equipo do Bierzo, que estivo arroupado en Espiñedo por máis de 350 afeccionados levouse finalmente os 3 puntos grazas a un gol no minuto 31 de partido no que Slavy roubou a carteira á defensa local…