Día: 19 de mayo de 2026

D. Isaac Cao González “O Changán” (natural de Bouzas -Garabás-) -D.E.P.-

Faleceu o día 19 de Maio en O Carballiño aos 92 anos. Esposa: Lidia Paz Rodríguez. Fillas: Ana María e Mª del Carmen (+) Cao Paz. Fillo político: Antonio Dacasa Dacasa. Netas: Mª del Carmen e Nailea Dacasa Cao. Demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o mércores día 20 as seis da tarde Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº2) ata o Templo da Veracruz ( O Carballiño) no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Señorín. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
Xunta, Deputación e Concello asinan o convenio para financiar a obra de reforma integral da Praza de Abastos do Carballiño, que ten unha dotación económica de 1,4 millóns de euros.

Xunta, Deputación e Concello asinan o convenio para financiar a obra de reforma integral da Praza de Abastos do Carballiño, que ten unha dotación económica de 1,4 millóns de euros.

O conselleiro de Emprego e Comercio José González, o presidente da Deputación de Ourense Luis Menor, e o alcalde en funcións do concello do Carballiño, Pepe Castro Gil, asinaban o convenio de colaboración entre as tres administracións para dar soporte financieiro, por importe de 1,4 millóns de euros, para executar a obra de reforma integral da Praza de Abastos do Carballiño. Agora o concello carballiñés procederá á licitación do proxecto, que está previsto iniciar á volta do verán e motivará a reubicación dos praceiros fora do edificio mentres duren as obras. Previamente a este acto, o Consello da Xunta autorizou…
Read More