Día: 22 de mayo de 2026

O Concello do Carballiño recibe unha Escoba de Plata polo seu compromiso coa sostibilidade na xestión da limpeza viaria

O Concello do Carballiño recibe unha Escoba de Plata polo seu compromiso coa sostibilidade na xestión da limpeza viaria

A Concellería de Benestar Comunitario do Concello do Carballiño, liderada por Rosa Fuentes, está de noraboa. A súa xestión sostible e eficaz do servizo de limpeza viaria recibirá o premio Escoba de Plata da Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (Ategrus), un galardón referente no sector medioambiental español. Cada ano, esta entidade concede os premios Escoba para recoñecer a excelencia técnica e poñer en valor o impacto social, económico e ambiental de distintas iniciativas nacionais e internacionais. O xurado dos galardóns escolleu ao Concello do Carballiño pola “reorganización do servizo de limpeza viaria, potenciando aqueles aspectos…
Read More

1º Cabodano Dña. Carmen Pérez Rodríguez -D.E.P.-

Falecida o dia 10 de maio de 2025 aos 89 anos en Pol de Piteira. Irmá de convivencia: Elvira Pérez Rodríguez. Irmá: Florentina Pérez Rodríguez (Viúva de Antonio Pereira Rodríguez) Afillado e sobriña de convivencia: José Antonio Pereira Pérez e María Fe González Vázquez. Sobriñas: Maria José, Pili e Elvira. Sobriños-netos: Pablo e Álvaro. Primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano que se celebrará o sábado dia 23 de maio ás 8 da tarde, na igrexa parroquial de San Miguel de Piteira-O Carballiño, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

1º Cabodano D. Simón Martín Pazo “O Rubio” -D.E.P.-

Falecido o día 14 de Maio no Carballiño aos 77 anos. Esposa: María Eva Fernández Rodríguez. Fillos: Simón, Eva e Lidia Martín Fernández. Fillo político: Pablo Varela Ramos. Neto: Xabier. Irmás: Josefa e Julia Martín Pazo. Irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 23 as sete da tarde no Templo da Veracruz. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

1º Cabodano Dña. María González Cerdeira (viuva de D. Ramón Pinal García) -D.E.P.-

Falecido o día 20 de Maio de 2025 en A Esgueva - Madarnás- aos 70 anos. Fillos: Ana Belén, José Ramón e Raúl Pinal González. Fillos políticos: Manuel Ulloa (de Talleres Ulloa) e Lorena González. Netas: Uxía, Sabela e Inés. Irmáns, irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sádado día 23 as seis da tarde na igrexa parroquial de Santo Tomé de Madarnás. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More