Falece unha muller e outra persoa resulta ferida grave nun accidente de tráfico na OU-504, nas inmediacións da rotonda de Ariz

O suceso rexistrouse a primeira hora desta tarde de xoves na OU-504, dentro do territorio municipal do concello de San Cristovo de Cea, a pouca distancia da rotonda de acceso á autovia de Santiago, preto da gasolineira de Ariz, e nunha colisión na que se viron involucrados dous vehículos.

Unha muller, de 60 anos natural de O Val de Vilaseco (Cea) e veciña do Carballiño faleceu no mesmo acto do accidente, e outra persoa, un home, resultou ferido grave, sendo evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de Ourense en estado crítico. A Garda Civil reorganizou o tráfico na zona mediante desvio, e no operativo mobilizado polo 112 tamén participaron os servizos de emerxencia, bombeiros, e os sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia.

Varios oíntes de COPE O Carballiño informaron en tempo real do accidente, advertindo xa no momento da gravidade do mesmo, como finalmente confirmouse, cunha vítima mortal e outra persoa ferida grave.

Compartir en: