O Grupo Provincial Socialista insta á Deputación a “acabar coa exclusión industrial da provincia e a defender a sanidade no rural”
O Grupo Provincial Socialista levou ao Pleno da Deputación de Ourense dúas mocións para a defensa dos intereses da provincia: a primeira, para esixir equidade territorial nos Proxectos Industriais Estratéxicos (PIE) da Xunta de Galicia; e a segunda, para reclamar a recuperación dos servizos sanitarios eliminados nos hospitais comarcais e implementar un plan de reforzo da sanidade pública no rural ourensán. A primeira foi rexeitada co voto negativo do PP e a abstención do BNG. Malia a posición en contra so PP, a segunda saíu adiante co respaldo de todos os grupos da oposición. O voceiro socialista na Deputación e…