Xunta, Deputación e Concello asinan o convenio para financiar a obra de reforma integral da Praza de Abastos do Carballiño, que ten unha dotación económica de 1,4 millóns de euros.
O conselleiro de Emprego e Comercio José González, o presidente da Deputación de Ourense Luis Menor, e o alcalde en funcións do concello do Carballiño, Pepe Castro Gil, asinaban o convenio de colaboración entre as tres administracións para dar soporte financieiro, por importe de 1,4 millóns de euros, para executar a obra de reforma integral da Praza de Abastos do Carballiño. Agora o concello carballiñés procederá á licitación do proxecto, que está previsto iniciar á volta do verán e motivará a reubicación dos praceiros fora do edificio mentres duren as obras. Previamente a este acto, o Consello da Xunta autorizou…