José Manuel Iglesias Araujo quere optar a un novo mandato ao fronte da alcaldía de Maside e a súa intención é vovler encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de maio de 2027 aínda que admitíu que a decisión final dependerá da situación familiar “a miña familia terá a última palabra”, asegurou.
A preguntas da audiencia de COPE O Carballiño o alcalde masidao confesou sentirse moi a gusto na alcaldía e que non lle importaría volver a presentarse, saíndo asi ao paso da rumoroloxía local que apuntaban a un final de ciclo no PSOE do concello de Maside, que de momento descarta o propio alcalde, ao anunciar a súa idea de volver a presentarse como candidato socialista á alcaldía masidá.
Ademáis, nesta intervención radiofónica, Iglesias Araujo repasou a actualidade municipal, referíndose á inauguración do novo auditorio cultural de Maside, as excavacións que de novo están a levarse a cabo no xacemento arqueolóxico de Santa Mariña, ou o plan de mantemento e mellora na rede viaria do concello, que se concretará nos próximos meses.
Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal ao alcalde de Maside:


