O PSOE denuncia que “Xunta e Deputación chegan ao verán sen cumprir unha soa das medidas anunciadas tras a catástrofe dos incendios do ano pasado”
O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia a falla de planificación da Xunta de Galicia en materia de prevención de incendios forestais, cando a provincia se atopa ás portas da época de máximo risco e os primeiros lumes da tempada xa son unha realidade, como o incendio rexistrado esta semana no concello de Boborás. O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo, advirte de que “chega a calor e volve unha preocupación que coñecemos demasiado ben na provincia de Ourense como son os incendios forestais”. Neste senso, sinala que “os primeiros lumes son xa unha realidade e o incendio en…