A Comisión de Festas de Feás publica o nº 4 de “O Foxo” a revista dedicada ás xentes e acontecentos da parroquia. Escoita aquí a entrevista a José Ramón Cerdeira.

A Parroquia de Feás, no concello de Boborás, celebra esta fin de semana -sábado 25 e domingo 26- unha nova edición da Festa do Neno, con diversidade de actividades para o público infantil, e tamén cun programa festivo para todas as idades, entre as que destacan os concertos da Banda de Música de Celanova e “El Combo Dominicano”.

Coincidindo co gran acontecemento festivo do ano na parroquia, a Comisión de Festas ven de publicar o volume nº 4 de “O Foxo”, a revista dedicada ás xentes e a historia de Feás, desta vez co lugar de Borraxas como gran protagonista.

Aquí podes escoitar a entrevista de Xan Pinal a José Ramón Cerdeira, coordenador da publicación, en COPE O Carballiño:

Compartir en: