Dar Trela propón para os venres e sábados deste verán “Asasinato no muiño”, no Parque Etnográfico do Arenteiro, unha proposta que xunta teatro e patrimonio.
O Concello do Carballiño colabora en “Asasinato no muíño”, a nova proposta do colectivo carballiñés Dar Trela Teatro. O espectáculo, que se levará a cabo no Museo Etnográfico do Carballiño, é un cluedo, un xogo no que os personaxes e o público terán que identificar ao culpable dun asasinato. “É unha iniciativa moi diferente, participativa e que permite unha viaxe ao pasado do muíño con toques modernos”, destacou esta mañá Diego Fernández, concelleiro de Cultura, na presentación da obra. “Queremos animar á xente a que desfrute da obra, que comeza coa primeira representación o día 31 de xullo, no que…