Día: 20 de agosto de 2026

Dña. Emma Corral Álvarez (Natural de Dadín-O Irixo -) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 92 anos.. Esposo: Rogelio Nogueira Gallego. Fillos: Laureano e Rogelio José Nogueira Corral (De tienda EBANO) Netos: Iván e María. Neta política: Noelia. Bisnetos: Bruno e Vega. Irmáns; Maruja (+) e Laureano (+) Corral Álvarez. Irmáns políticos: Adolfo (+), Aurelio (+) e María (+) Nogueira Gallego; Digna, Rosa (+), Camilo (+) e José (+). Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o venres día 21 de agosto as seis da tarde dende "Velatorio Veracruz Centro" do Carballiño ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior…
Read More
A Banda de Gaitas de Cea prepara un novo curso para seguir consolidando a recuperación dunha das bandas con máis premios e historia de Galicia

A Banda de Gaitas de Cea prepara un novo curso para seguir consolidando a recuperación dunha das bandas con máis premios e historia de Galicia

A recuperada formación ven de actúar recentemente con Carlos Núñez na súa xira "Lugares Máxicos" en Oseira e prepara xa un novo curso na súa escola de formación na que a partir do vindeiro mes de outubro poderán seguirse ensinanzas de gaita, pandeireta, tambor, timbal e bombo. Nesta entrevista de COPE O Carballiño podes escoitar a Aldara, Aroa, Diego e Jacobo, que nos falan do brillante pasado da Banda de Gaitas de Cea, e tamén dos seus proxectos de presente e futuro. Escóitaa aquí:
Read More
O Carballiño abre ao público o seu primeiro parque canino, con 1.642 m2 dedicado aos animais de compañía

O Carballiño abre ao público o seu primeiro parque canino, con 1.642 m2 dedicado aos animais de compañía

O Concello do Carballiño inaugurou esta mañá no Parque Municipal un novo recinto destinado ao esparexemento canino, un espazo delimitado e equipado para dar resposta á demanda dun lugar público específico para os animais de compañía. A concelleira de Medio Ambiente e Termalismo, Elvira Torres, explicou durante a inauguración que o Concello quixo atender "unha das demandas que máis se nos fixo", vinculada ao incremento da presenza de mascotas nos fogares e á necesidade de dispoñer "dun espazo público adecuado para elas". Das ganas deste servizo deron conta os a ducia de peludos que visitaron o espazo xa na súa…
Read More