Unha doazón incorpora ao Templo da Veracruz unha imaxe de S. Francisco de Asís. Escoita aquí ao párroco Jorge Juan Pérez.
O vindeiro domingo 27 de setembro, ás 12.30 horas, o Templo da Veracruz do Carballiño acollerá unha celebración eucarística solemne durante a cal terá lugar a bendición e entronización dunha imaxe de San Francisco de Asís abrazando a Cristo na Cruz, que con esta iniciativa e achega incorpórase ao patrimonio relixioso, artístico e espiritual do templo mediante a doazón realizada por unha persoa da contorna comarcal vinculada ao colectivo de antigos alumnos franciscanos do Convento de Herbón e á asociación sociocultural ASAFA. A celebración estará presidida por Mons. Xosé Rodríguez Carballo, arcebispo franciscano (Mérida-Badaxoz) e unha das figuras máis destacadas…