Mes: septiembre 2026

O Carballiño celebra este próximo sábado o Dia da Bici, unha cita que promove un estilo de vida activa e saudable

O Carballiño celebra este próximo sábado o Dia da Bici, unha cita que promove un estilo de vida activa e saudable

O Concello do Carballiño organiza este sábado dia 3 de outubro pola mañá o XXI Día da Bici, unha xornada que mestura deporte, diversión, música e sorteos. A Praza da Veracruz será o punto de partida da proba, que comeza ás 11,30 horas. “É un percorrido curto, de 8 quilómetros, adaptado a todas as idades e niveis”, detallou esta mañá José Castro-Gil, alcalde en funcións, na presentación da actividade. “Queremos que a veciñanza desfrute dun día de lecer e exercicio físico sen coches”, sinalou. Pola súa parte, Lalo Gómez, en representación de +Deporte La Región, agradeceu a colaboración do Concello…
Read More
Adolfo Nogueira, portavoz de Espazo Común: “O Carballiño necesita un cámbio político urxente”

Adolfo Nogueira, portavoz de Espazo Común: “O Carballiño necesita un cámbio político urxente”

O grupo político liderado por Pachi Vázquez márcase como obxetivo conseguir un cámbio político nas eleccións municipais de maio de 2027, "e ese cámbio que necesita O Carballiño chegará nas próximas eleccións porque asi no lo manifestan as persoas coas que falamos na rúa", dixo en COPE O Carballiño o portavoz desta formación política no concello carballiñés, Adolfo Nogueira. Nun repaso á actualidade política máis recente, Nogueira manifestou que o alcalde en funcións Pepe Castro Gil "minte cando asegurou que o concello do Carballiño non perdeu unha subvención de 210.000 da Deputación, teño os papeis que demostran que mentíu". Tamén…
Read More

Dña. Olga González Fernández (Viúva de D. Ernesto Roó Subirol) -D.E.P.-

Faleceu en Mesego aos 86 anos. Fillas: Olga e María Roó González. Fillos políticos: Juan e Jesús. Netas: Sara, Eva, Iria e Inés. Irmáns: José Luis (+) e Juan (+) González Fernández. Irmáns políticos, sobriños, curmáns e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 1 de outubro as catro e media da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº3) ata a igrexa parroquial de Santa María de Mesego na que se celebrará o funeral, e posterior incineración na intimidade familiar. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O velorio abriráse hoxe mércores día…
Read More
O Carballiño participa no programa RenÓbrate de formación e emprego en construción

O Carballiño participa no programa RenÓbrate de formación e emprego en construción

O Concello do Carballiño forma parte dos municipios participantes no programa RenÓbrate de formación e emprego en construción, xunto a outros tres concellos galegos O alcalde en funcións, José Castro-Gil, participou na presentación da iniciativa, impulsada pola Xunta e a Fundación Laboral da Construción en colaboración cos concellos implicados (O Carballiño, Arteixo, Sanxenxo e Santiago de Compostela). O programa permitirá que un total de 80 persoas desempregadas -20 en cada municipio- poidan formarse e traballar en empresas do sector.
Read More
O PSdG de Leiro denuncia “que o concello acumula tres advertencias  da Valedora do Pobo en materia de transparencia e obstrución á información”

O PSdG de Leiro denuncia “que o concello acumula tres advertencias da Valedora do Pobo en materia de transparencia e obstrución á información”

O PSdeG-PSOE manifesta que "o concello de Leiro volve a situarse no centro da polémica institucional tras recibir un novo reproche formal por parte da Valedora do Pobo debido á constante falta de transparencia e ás demoras inxustificadas na entrega de documentación solicitada polos concelleiros da oposición". Recordan que "con este novo expediente, son xa tres as ocasións en que a institución autonómica ten que intervir para obrigar ao goberno local a cumprir coa legalidade vixente en materia de acceso á información pública. O último e máis recente caso tivo a súa orixe no pasado mes de xullo, cando desde…
Read More
O Grupo Provincial Socialista consegue o compromiso da Deputación para apoiar aos camiños históricos xacobeos non recoñecidos, entre eles o Miñoto-Ribeiro.

O Grupo Provincial Socialista consegue o compromiso da Deputación para apoiar aos camiños históricos xacobeos non recoñecidos, entre eles o Miñoto-Ribeiro.

O pleno da Deputación de Ourense ven de aprobar a iniciativa do Grupo Provincial Socialista para impulsar os itinerarios históricos xacobeos da provincia que permanecen sen recoñecemento oficial, unha iniciativa que permitirá que a institución provincial preste asistencia técnica e económica aos concellos para investigar, documentar e delimitar estas rutas. A proposta foi aprobada cos votos favorables do PSdeG-PSOE de Ourense e Democracia Ourensana, mentres que PP, BNG e o deputado non adscrito se abstiveron. Para o Grupo Socialista, o acordo supón un paso para corrixir unha situación na que pequenos concellos da provincia se atopan con dificultades para afrontar…
Read More
A falta de puntería ante a portería contraria condena ao Arenteiro en Pontevedra, derrotado pola mínima, 1-0.

A falta de puntería ante a portería contraria condena ao Arenteiro en Pontevedra, derrotado pola mínima, 1-0.

Non podes gañar un partido se perdoas unha e outra vez ante a portería rival, como moito podes lograr un empate sen goles, e delo estivo preto o Arenteiro na súa visita ao Pontevedra B se non fose porque no minuto 54 os locais marcaron un golazo cun gran chut de Lucas ao borde da área que se foi a escadra no único gol da tarde. O partido foi moi desputado de inicio a fin e cun ritmo moi alto, e aínda que de entrada os pontevedres parecían que estaban cunha marcha máis, o dominio era alterno e de feito…
Read More

Dña. Silvina Domínguez Lorenzo (Viúva de D. Graciano Rodríguez Gómez) -D.E.P.-

Faleceu en Roucos (Cenlle) aos 96 anos. Fillo: Luis Rodríguez Domínguez. Filla Política: Ángela Badita. Netas: Vanesa Rodríguez e Nelsa Rodríguez. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o domingo día 27 as seis da tarde dende o velorio de Cenlle ata a igrexa parroquial de Santa María de Cenlle na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

D. José López Álvarez (Natural de Pazo -Santa Comba- ) -D.E.P.-

Faleceu en Maside aos 73 anos. Tía: Gloria. Primo: Dardo Rodríguez Álvarez. Primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o domingo día 27 de setembro as cinco da tarde dende o velorio de Santa Comba (Maside) ata a igrexa parroquial de Santa Comba (Maside) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

D. Ramón García Nóvoa ” O Castilla ” -D.E.P.-

Faleceu en Río (Vilamarín) aos 92 anos. Esposa: Emilia González Fernández (Milucha). Fillo: Ramón García González (Moncho). Filla política: Susana Nóvoa González . Neta: Noa. Irmáns políticos: Alejandro Blanco e Carmen Montes. Consogros: Manuel Nóvoa e Maricarmen González. Sobriños, curmáns e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o domingo día 27 de setembro as sete da tarde dende o velorio municipal de Vilamarín (sala nº3) ata a igrexa parroquial de San Salvador de Río (Vilamarín) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More