O PSdeG-PSOE de Cenlle considera “unha tomadura de pelo” que a Xunta poña como exemplo de boa xestión a un concello que leva anos arrastrando problemas coa rede de auga
O PSdeG-PSOE de Cenlle considera “sorprendente e difícil de entender” que a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, puxese ao concello de Cenlle como “exemplo de responsabilidade” pola realización dunha auditoría sobre a rede de abastecemento, cando precisamente esa auditoría vén de poñer de manifesto as importantes deficiencias existentes na rede de auga de Laias. A Xunta e o concello de Cenlle veñen de anunciar un investimento de preto de 580.000 euros para renovar as redes de abastecemento e saneamento de Laias, unha actuación que se financiará nun 80% por parte da Xunta e nun 20% polo…