O Ribeiro “a cultura do viño, patrimonio, territorio e xentes” será o protagonista no XIV Congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas
O Centro de Estudos Chamoso Lamas celebrará o seu XIV Congreso, centrado este ano na comarca do Ribeiro baixo o título “O Ribeiro: a cultura do viño, patrimonio, territorio e xentes”. A cita, de carácter bienal, celebrarase do 2 ao 4 de outubro na Casa da Baxanca, na parroquia de Cabanelas. O salón de plenos do Concello do Carballiño acolleu a presentación do encontro, no que se abordará O Ribeiro desde diferentes disciplinas como historia, meteoroloxía e climatoloxía, arqueoloxía, cultura vitivinícola ou ciencias medioambientais. “Para nós é un auténtico orgullo presentar un ano máis o congreso que realiza o Chamoso…