A Xunta e o Concello de Leiro avalían medidas para a mellora do abastecemento, cunha nova captación no río Avia
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, avaliaron no transcuro dunha reunión celebrada en Santiago de Compostela as posibilidades de acometer medidas para mellorar o abastecemento no municipio. Así, o alcalde trasladou á conselleira información sobre unha actuación que propón o Concello para reforzar o servizo a través dunha captación superficial no río Avia, que incluiría, entre outras características, unha estación de bombeo e unha condución de impulsión ata a estación de tratamento de auga potable (ETAP). Pola súa banda, Ángeles Vázquez asegurou que o persoal técnico de Augas…