Mes: octubre 2026

O dia no que Xosé Manuel Beiras visitou COPE O Carballiño. Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal.

O dia no que Xosé Manuel Beiras visitou COPE O Carballiño. Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal.

Este pasado xoves dia 8 de outubro falecía aos 90 anos de idade Xosé Manuel Beiras Torrado, unha das grandes figuras intelectuais e politicas da historia de Galicia do último século. En varias ocasións estivo no Carballiño, unha delas acontecía o dia 5 de outubro de 2012 en plena campaña electoral das eleccións autonómicas de ese ano nas que Beiras lideraba unha inédita Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) que sería a gran revelación daqueles comicios ao acadar 9 actas no Parlamento de Galicia. Nesa data, o histórico dirixente do nacionalismo galego visitaba os estudos de COPE O Carballiño, sendo entrevistado…
Read More
Ruta das Bodegas e Festas do Rosario en Pereda, Festa dos Callos en Piñor, 3 espectáculos de teatro no Carballiño, e cine, na Axenda para esta Fin de Semana.

Ruta das Bodegas e Festas do Rosario en Pereda, Festa dos Callos en Piñor, 3 espectáculos de teatro no Carballiño, e cine, na Axenda para esta Fin de Semana.

A Veciñanza da parroquia de Pereda, no Concello de Cea, celebra esta fin de semana as festas do Rosario, que se abren na noite do venres coa xa famosa ruta das adegas de Pereda, na que os veciños invitan aos visitantes a viño, licores e petiscos, con música de charanga e moita troula. As festas continuarán sábado e domingo con música tradicional, DJs e a orquestra Panorama City, na verbena fin de festa do domingo. Festa dos Callos do Concello de Piñor Este domingo dia 11 a Festa dos Callos de Piñor chega a súa 9ª edición, con ruta turística…
Read More
O proxecto de reconstrucción do tellado da Igrexa de Cabanelas xa conta con autorización de Patrimonio e executaráse este mesmo outono

O proxecto de reconstrucción do tellado da Igrexa de Cabanelas xa conta con autorización de Patrimonio e executaráse este mesmo outono

Asi o confirmou o responsable de patrimonio e sostemento da Diócese de Ourense, o vicario Raúl Alfonso González, o proxecto, que ten un custo de 77.000 euros, xa recibíu o visto bo da Comisión Provincial de Patrimonio e a idea é poder executalo neste mesmo outono no que andamos, aínda que pendientes tanto da dispoñibilidade da empresa constructora como das condicións meteorolóxicas. O teito e o tellado da igrexa parroquial de San Xoán de Cabanelas foran seriamente danados nun dos temporais do pasado inverno. O custo da reconstrucción será asumido nunha parte a través da póliza de seguro contratada polo…
Read More
Luis Menor visita en Beariz os proxectos executados polo goberno municipal a través do plan de cooperación local

Luis Menor visita en Beariz os proxectos executados polo goberno municipal a través do plan de cooperación local

A visita incluíu as obras de construción do velorio municipal, o campo de tiro municipal, recinto que conta cos trámites de legalización e federación correspondentes, e o centro social de Alvite, que dispón de espazos rehabilitados para o uso veciñal. Tamén se achegou o presidente provincial ata a localidade de Doade, onde tivo a oportunidade de coñecer o museo da antiga botica. No transcurso da visita, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuníuse cos responsables municipais, co seu alcalde Manuel Prado á cabeza, e durante a xornada de traballo no concello de Beariz tivo ocasión o mandatario provincial…
Read More

Dña. Beatriz González Pérez (Veciña de Seoane, O Carballiño) -D.E.P.-

Faleceu en Madrid aos 39 anos. Pais: Julio González Bruzos e María Socorro Pérez Ameijeiras. Avoa: Gumersinda. Irmán: Rubén. Irmá política: Paula. Sobriña; Selma. Tios, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 8 de outubro as cinco da tarde dende Tanatorio Veracruz Parque Empresarial do Carballiño (salan °1) ata a igrexa parroquial de San Xoán de Seoane na que se celebrará o funeral e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O tanatorio abriráse o mércores día 7 as sete da tarde, hora aproximada.
Read More

D. Julio Varela López (Viúvo de Dña. Marina Dapena Díaz) -D.E.P.-

Faleceu en Partovia aos 83 anos. Fillos: Julia e José Manuel Varela Dapena. Fillos políticos: José Ramón Paz Álvarez e Ana Belén Piñón Nogueira. Netos: Simón Paz Varela e Aarón Varela Piñón. Neta política: Isabel Diéguez Pérez. Irmáns: Tin e Pepe Varela López. Irmáns políticos: Nilda, Marisa, José Benito, Ofelia, Adolfa, Manolo (+), Maruja, Bautista (+), Ángel (+), Genaro (+), Pura (+), Carlos (+), Amalia e Dámaso. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o mércores día 7 de setembro as cinco e media da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº2) ata…
Read More
Nacho Campo confirma que volverá ser o candidato do Partido Popular á alcaldía de Maside para 2027

Nacho Campo confirma que volverá ser o candidato do Partido Popular á alcaldía de Maside para 2027

O actúal portavoz do grupo municipal do PP no concello de Maside Nacho Campo volverá optar á alcaldía deste concello en maio de 2027, asi o revelou no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballño. Na corporación do mandato en curso, os populares contan con cinco concelleiros na corporación municipal, fronte aos seis do PSeG-PSOE que goberna este concello liderado polo alcalde José Manuel Iglesias. Son os únicos dous grupos políticos con representación na actúal corporación masidá. Nesta mesma intervención radiofónica en COPE O Carballiño, Nacho Campo repasa algunhos asuntos da actualidade municipal, como a aprobación a pasada semana do…
Read More
O Partido Popular destaca que, tras as súas xestións, a fibra óptica xa está operativa no 85% do territorio municipal do Irixo

O Partido Popular destaca que, tras as súas xestións, a fibra óptica xa está operativa no 85% do territorio municipal do Irixo

A conexión á fibra óptica xa está operativa no Irixo, poñendo fin a un problema que durante anos afectou á conectividade de numerosos veciños e que se agravou tras a execución das obras de canalización iniciadas por Avatel a finais do ano 2023, unha infraestrutura que, unha vez rematada, non chegara a entrar en funcionamento. Ante a falta de respostas concretas e dunha solución definida, o Partido Popular de O Irixo, liderado por Álvaro Penedo, decidiu dar un paso á fronte e buscar unha solución efectiva ao problema. Nas conversas mantidas con Avatel, trasladouse que o principal impedimento para a…
Read More

Dña. Rogelia Viñal Lorenzo (Viúva de D. Antonio González Villar e veciña de Veiga,O Carballiño) -D.E.P.-

Faleceu aos 94 anos. Fillos: Loly e Javier (de Talleres Lisardo) González Viñal. Fillos políticos: Lisardo González (+) e Mª Carmen González Piteira. Netos: Mª Mar, Fabián e Cristian. Neta política: Carmen. Bisneto: Brais. Irmás: Carmen (+) e Josefa Viñal Lorenzo (+). Irmáns políticos, sobriños, sobriños políticos, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución o martes día 6 de setembro as seis da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº1) ata a igrexa parroquial de San Lourenzo de Veiga (O Carballiño) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores…
Read More