Mes: octubre 2026

O Museo da Fábrica de Papel recibe a numerosos visitantes nos seus primeiros días de actividade

O Museo da Fábrica de Papel recibe a numerosos visitantes nos seus primeiros días de actividade

O Museo da Fábrica de Papel do Carballiño, integrado no Parque Etnográfico do Arenteiro, recibiu a numerosos visitantes nos seus primeiros días de actividade. O espazo, que abriu as súas portas ao público o pasado 25 de setembro, permite realizar un percorrido pola historia da pioneira industria do papel do Carballiño da primeira metade do século XIX. Entre os visitantes, un dos grupos máis numerosos proviña de Madrid. Os preto de medio cento de turistas desfrutaron do paseo guiado polas instalacións, no que coñeceron a técnica de fabricación do papel a partir de trapos ou o funcionamento dos antigos muíños,…
Read More

Dña. Justa Vázquez Cibeira (Viúva de Antonio Decabo Otero) -D.E.P.-

Veciña de Sextos-Coiras (Piñor) faleceu no Carballiño -Rúa Piñor nº 20- aos 97 anos. Fillos: José Luis, Francisco e Obdulia Decabo Vázquez. Fillos politicos: Elisa Ulloa Canle e Modesto Fariña Docasar. Netos: Maria del Mar e Cristina Decabo Ulloa e Susana e José Manuel Fariña Decabo. Netos políticos: Iván, Luis, Aarón Javier e Verónica. Binstos: Uxía, Hugo e Candela. Afilladas, sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e asistencia á condución que terá lugar este lúns dia 5 de outubro ás seis e media da tarde desde o Tanatorio Pompas Fúnebres do Carballiño (Sala nº 2) ata a igrexa…
Read More
Arenteiro e Antela protagonizaron un partido moi vistoso para o espectador, con cinco goles, ocasións e alternancia no marcador que ao final inclinouse a favor dos visitantes, no partido xogado este sábado dia 3 de outubro no municipal de Espiñedo, que presentaba unha moi boa entrada, en partido correspondente á quinta xornada do campionato de liga na Terceira RFEF. O Arenteiro foise ao descanso cun 1-0 tras unha boa combinación en ataque que culminou de cabeza Edu Ferreira e nunhos primeiros 45 minutos nos que os verdes deberon irse cunha ventaxa maís ampla. Na segunda parte, unha desafortunada acción na…
Read More

D. Artemio Álvarez Álvarez -D.E.P.-

Natural de Entrimo e veciño da Costiña-Veiga (O Carballiño) faleceu aos 89 anos. Esposa: Maria Elena Iglesias Rodríguez. Fillos: Enríque, Raquel e Javier Álvarez Iglesias. Fillos políticos: Pili Colás, Alberto Girondo e Merche Taboada. Netos: Lila, Ainhoa, Lucas e Mauro. Irmáns, irmáns políticos, sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este domingo dia 4 de outubro ás cinco da tarde, desde o Tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño (Sala nº 3) ata a igrexa parroquial de San Lourenzo de Veiga, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial,…
Read More
Dia da Bici, Festival Galaico-Portugués de Canto Coral, Outono Musical en Maside, Foliada da Escarocha en Orega, Teatro e Cine para esta fin de semana

Dia da Bici, Festival Galaico-Portugués de Canto Coral, Outono Musical en Maside, Foliada da Escarocha en Orega, Teatro e Cine para esta fin de semana

A Coral Polifónica do Casino celebra este sábado dia 3 de outubro ás 20:30 h. no auditorio a 43 edición do Festival Galaico Portugués de Canto Coral e Polifonía, con entrada gratuíta, e coas actuacións do Coro de Santa Casa da Misericordia de Lamego (Portugal) asi como o Orfeón de Voces Graves de Vilagarcía, a propia coral carballiñesa e o grupo de metais Dolmen Brass. En Maside, a Coral A Torre, organiza para este domingo dia 4 desde as 19:00 h. o "Outono Musical" no que ademáis da coral anfitriona, cantarán a Coral Polifónica da Caniza e a Coral Voces…
Read More
A Xunta transforma o antigo campo de fútbol de Beariz nunha área de deporte e lecer

A Xunta transforma o antigo campo de fútbol de Beariz nunha área de deporte e lecer

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, coñeceu en Beariz as novas pistas de pádel construídas no antigo campo de fútbol do Monte de Goberna, que xa están en funcionamento tras contar cunha achega de 29.390 euros da Xunta a través da Orde de infraestruturas de uso público de 2025. A visita serviu tamén para coñecer os terreos nos que se instalará unha pista multideporte, que contará cunha nova achega de 33.778 euros da mesma liña correspondente a 2026. Con…
Read More

Dña. Purificación Fernández Rodríguez -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 68 anos. Esposo: Bernarndo López Iglesias. Fillos: Silvia e Julio López Fernández. Fillos políticos: Pablo Dacosta e Jamaica Beneitez. Neto: Nico. Irmá: Aurora Fernández Rodríguez. Irmáns políticos: Antonio García Pousa e Digna López Iglesias. Sobriños: Pablo e Miguel. Tios, primos e demais famila. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o venres día 2 de outubro as tres e media da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº3) ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Santa Mariña de Longoseiros. Favores polos que lles quedarán…
Read More

1º Cabodano Dña. Nieves Carballeda Reigosa (Natural de Saa -Albarellos- Boborás- ) -D.E.P.-

Falecida o día 3 de outubro de 2025 en O Carballiño aos 77 anos. Esposo: Rufino Sánchez Mencías. Fillos: Lito e Manolo Sánchez Carballeda. Fillas políticas: Judith Novellas e Rocío Frías. Netos: Aída e Ángel Sánchez Novellas e Manuel Sánchez Frías. Irmáns: María (+) e José Carballeda Reigosa (viúvo de Josefa López). Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 3 as cinco e media da tarde na igrexa parroquial de San Miguel de Albarellos (Boborás). Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

1º Cabodano D. José García Iglesias (Pepe) -D.E.P.-

Falecido o dia 30 de setembro de 2025 en A Groba (Moldes) aos 78 anos. Irmáns: Hortensia, Luisa, Manolo (+) e Mª Carmen García Iglesias. Irmáns políticos: Antonio Bolaño (+), Benito Bernárdez e Josefina Gulías. Sobriña de convivenza: Mª Carmen Bernárdez García. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistenca ao funeral de cabodano o sábado día 3 as seis da tarde na igrexa parroquial de San Mamede de Moldes. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More