O concello murciano de Archena concede a título póstumo o Escudo de Ouro da Vila ao carballiñés José Juan Cerdeira
O presidente da Deputación de Ourense e presidente da Sección de Vilas Termais da FEMP, Luis Menor recibiu, no marco da XIX Asemblea desta entidade, o Escudo de Ouro da Vila de Archena que concedeu a título póstumo a quen foi director da Área de Benestar da institución provincial, José Juan Cerdeira, recentemente falecido. Esta condecoración representa a máxima distinción honorífica que outorga o Concello de Archena (Murcia) a personalidades e entidades de singular relevancia. Luis Menor agradeceu este recoñecemento “máis que merecido”, remarcando a transcendencia histórica da súa figura, asegurando que José Juan Cerdeira foi un “piar fundamental para…