O Templo da Veracruz incorpora ao seu patrimonio, entre outros bens, un órgano de 1200 tubos. Son doazóns feitas por dúas comunidades da cidade alemá de Bochum.
A casa do concello do Carballiño recibíu aos consellos parroquiais de Santa María de Bochum e de Santa Teresita da cidade de Bochum (Alemaña), que veñen de realizar unha significativa doazón de bens patrimoniais ao Templo da Veracruz. O alcalde en funcións, José Castro-Gil, e os concelleiros de Turismo, Manuel Dacal, e Educación, Lorena Castro, recibiron aos visitantes, acompañados de Jorge Juan Pérez, párroco do Carballiño. “Estamos moi agradecidos pola vosa xenerosidade, as vosas doazóns enriquecen o patrimonio cultural da Veracruz, pero tamén do Carballiño e de toda a comarca”, resaltou Castro-Gil, que fixo entrega de varios recordos ao grupo…