Medio Rural mellora as comunicacións viais no concello de Beariz
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou o concello de Beariz para supervisar as obras de mellora e pavimentación dun camiño municipal que conecta os núcleos de Doade e Correa, abarcando un tramo de 1.100 metros. Os traballos incluíron a limpeza de cunetas, bacheo previo e a aplicación dun dobre tratamento asfáltico para renovar o pavimento. O obxectivo da obras foi a mellora das comunicacións locais, facilitando os desprazamentos dos veciños e potenciando a calidade de vida e os servizos na contorna rural. O proxecto executouse ao amparo do Plan de InfraestruturasRurais. Durante o seu percorrido por Beariz,…