Día: 18 de noviembre de 2026

O  concello do Carballiño aproba un orzamento ordinario para 2027 de 10,18 millóns, que prioriza os servizos sociais e impulsa investimentos por valor de tres millóns de euros

O concello do Carballiño aproba un orzamento ordinario para 2027 de 10,18 millóns, que prioriza os servizos sociais e impulsa investimentos por valor de tres millóns de euros

O pleno da corporación municipal do Concello do Carballiño aprobou hoxe, cos votos favorables do PSOE e do PP, os orzamentos municipais para 2027, que ascenden a 10.184.340 euros e teñen como principais prioridades a atención social, os servizos públicos e os investimentos. As contas contemplan unha dotación municipal de algo máis de medio millón de euros para investimentos, que contribuirá a mobilizar actuacións por un importe global estimado de tres millóns de euros, grazas ao cofinanciamento con outras administracións públicas. Os servizos sociais son a principal prioridade económica do Goberno local. A área de Servizos Sociais e Promoción Social…
Read More

Dña. Concepción Caramés Álvarez (Veciña que foi de Sobreira de Piñeiro -Maside- ) -D.E.P.-

Faleceu en Santa Cruz de Arrabaldo aos 100 anos. Filla: Carmen Caramés Álvarez (+). Fillo político: Antonio Pérez Álvarez (+). Netos: María del Carmen, Manola e José Antonio Pérez Caramés. Netos político: Juan Montes, Tito Rubín e Mila Vázquez. Bisnetos: Sheila, Alejandro, Erika, Carlos e Fátima. Bisnetos políticos: Pablo e Claudio. Tataraneto: Gael. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 19 as catro da tarde dende o velorio de Piñeiro (Maside) ata a igrexa parroquial de San Xoán de PIñeiro (Maside) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no…
Read More

Dña. Francisca González Gómez (Viúva de Antonio Vázquez Lois) -D.E.P.-

Faleceu en Maside aos 100 anos. Fillas: Conchita e Carmen Vazquez González. Fillo político: Gustavo Álvarez Pérez. Neto: Olalla e Javier. Netos políticos: Rubén e María. Bisnetso: Lucas, Nicolás, Clara, Sara e María. Sobriños e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción hoxe mércores día 18 as catro e media da tarde dende o velorio de Maside ata a igrexa parroquial de Santo Tomé de Maside na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More