O concello de Piñor aproba un orzamento para 2027 de 1,49 millóns “sen endebedamento e centrado nos servizos aos veciños”, destacan desde a alcaldía
O goberno municipal aprobou no pleno celebrado no día de onte o orzamento para 2027, que ascende a 1.488.278,20 euros. É un orzamento feito para a xestión diaria do día a día do concello e para investir sen hipotecar o futuro. “Este é un orzamento serio e responsable. Garante os servizos que os veciños e veciñas precisan cada día, aposta polo investimento e faino sen pedir un euro de crédito”, afirma o alcalde, José Luis González Rodríguez. Máis do 83 % do gasto vai destinado a mantemento dos servizos municipais que precisan os nosos veciños. No que respecta ás inversión…