Año: 2026

A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Piñor, José Luis González

A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Piñor, José Luis González

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Piñor, José Luis González. Neste encontro, no que tamén estivo presente a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández, a conselleira e o rexedor abordaron posibles liñas de colaboración, de interese para este municipio da comarca do Carballiño. A Xunta segue prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Read More

D. Luis Alberto Pereira Lías. -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 60 anos. Irmán: Víctor Manuel Pereira Lías. Irmá política: Mª Laura Fernández Paz. Sobriños: Santiago Pereira Fernández e Lorena Fernández Varela. Compañeiro: Ney. Demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o mércores día 2 de setembro as cinco e media da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº3) ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Santa María de Arcos. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O velorio abriráse o martes día 1 a partir das seis de tarde.
Read More
Falece Alfonso Prado, que foi concelleiro da corporación municipal e secretario do PSOE no Carballiño. Tamén defendeu a portería do CD Arenteiro na primeira etapa do club.

Falece Alfonso Prado, que foi concelleiro da corporación municipal e secretario do PSOE no Carballiño. Tamén defendeu a portería do CD Arenteiro na primeira etapa do club.

Alfonso Prado Rodríguez, falecido aos 84 anos de idade, formou parte do primeiro goberno de esquerdas da democracia no concello do Carballiño saído das eleccións locais de 1995, configurado polo bipartito entre PSOE e BNG, e no que exerceu como concelleiro de personal e tráfico no concello carballiñés. Tamén no ámbito da política, Prado obstentou o cargo de Secretario Local do PSOE no Carballiño, sendo elexido como máximo responsable da executiva local da Agrupación Socialista do Carballiño no ano 2000, cargo no que se mantivo durante varios anos. Xa no ámbito do deporte, Alfonso Prado formou parte da primeira etapa…
Read More

D. Alfonso Prado Rodríguez (Xubilado de Fenosa) -D.E.P.-

Faleceu aos 84 anos. Esposa: Amalia Rodríguez Fernández. Fillos: Alfonso e Alberto Prado Rodríguez. Fillas políticas: Francisca Martínez González e Hermita Fernández Viéitez, Netos: Alfonso, Irian, Marcos e Héctor. Irmá: Marta Cruz Prado Rodríguez. Irmáns políticos: Manolo, Esther, Marosa, Amaro, Pura, Juan, LIbia, Milucho, Tilita, Rodri, Isabel e Luisa. Sobriños, curmanás e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o mércores día 2 de setembro ás catro da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº2) ata a igrexa parroquial de San Roque de Señorín na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial.…
Read More

D. Juan Carlos Rodríguez Nogueira -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 64 anos. Esposa: Rosa Núñez Ameijeiras. Fillos: Óscar e Vanessa Rodríguez Núñez. Fillo político: José Miguel Montañez Vera. Neta: Aitana. Nai: María del Pilar Nogueira González. Irmáns: Camilo e Victor Manuel Rodríguez Nogueira. Irmáns políticos: Juan, Sandra e Franciso José. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao velorio o martes día 1 de setembro ata as seis da tarde no Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº1), e posterior incineración na intimidade familiar. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O velorio abriráse o luns día 31 a partir das cinco da…
Read More

Dña. Giralda González Domínguez -D.E.P.-

Faleceu en Señorín aos 82 anos. Esposo: Manuel González Sabín. Fillos: Carlos e María del Carmen González González. Fillos políticos: Adela María Álvarez Vázquez e Cándido Amorín Fiuza. Netos: Lucía e Martina. Irmáns: Francisco (+) e Emilia González Domínguez. Irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o martes día 1 de setembro as cinco e media da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº3) ata a igrexa parroquial de San Roque de Señorín (O Carballiño) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles…
Read More

Dña. María Blanca Muradás Barros “Maruja” (Viúva de Julio Janeiro) -D.E.P.-

Faleceu en Beariz aos 80 anos. Irmá: Asunción Muradás Barros. Irmán político: Manuel Justo Cota. Sobriñas: Maria del Pilar e Isabel Justo Muradás. Bisobriños: Alba e Hugo Alonso Justo. Primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este lúns dia 31 de agosto ás seis menos cuarto da tarde desde o seu domicilio en Beariz -Avenida Merelles nº 31 de Beariz- ata a igrexa parroquial de Santa María de Beariz, na que se celebrará o funeral ás seis da tarde, e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

Dña. María del Carmen Pintos Andrade -D.E.P.-

Veciña de Casfigueiro-San Mamede da Canda (Piñor) faleceu en Ourense -Rúa Río Arnoia nº 15- aos 63 anos. Os seus pais: Hermesindo Pintos Meiriño e Carmen Andrade Moure (+) Irmá: Nieves Pintos Andrade. Irmán político: José Luis Rodríugez Fernández. Sobriños: Borja, Hugo e Andrea Rodríugez Pintos. Tíos, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este lúns dia 31 de agosto ás seis da tarde, desde o Tanatorio As Burgas de Ourense (Sala nº 5) ata a igrexa parroquial de Santiago das Caldas, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no…
Read More
Destacada participación dos ciclistas carballiñeses Alejandro García e Marcos Rodríguez no Campionato Mundial MBT nas súas categorias

Destacada participación dos ciclistas carballiñeses Alejandro García e Marcos Rodríguez no Campionato Mundial MBT nas súas categorias

Na categoria Sub-23 Alejandro García rozou o podio co seu cuarto posto na carreira Short Track, mentres que no Cros Contry Olímpico o carballiñés quedou clasificado na oitava posición, nas probas máis importantes a nivel mundial nestas modalidades ciclistas. Pola súa parte, na categoria Junior de XCO , Marcos Rodríguez tamén fixo unha meritoria carreira, saíndo desde a posición 57 e levando a cabo unha gran remontada que o levou a cruzar a meta como 28 mellor clasificado neste campionato do mundo.
Read More
O concello investirá preto dun millón de euros na mellora das instalacións deportivas da Uceira: novo campo de fútbol-7, construcción de gradas e reforma do pavillón deportivo

O concello investirá preto dun millón de euros na mellora das instalacións deportivas da Uceira: novo campo de fútbol-7, construcción de gradas e reforma do pavillón deportivo

O Concello do Carballiño reforza a súa aposta polo fomento do deporte con dúas intervencións moi demandadas no barrio da Uceira e que suporán un investimento de preto dun millón de euros. Por unha banda, o goberno municipal impulsa a ampliación e acondicionamento do complexo deportivo, o que permitirá adecuar as instalacións ao crecemento de xogadores e público dos últimos anos. Ademais, o Concello levará a cabo a construción de vestiarios e renovación do pavillón da Uceira, empregado tamén polo alumnado do CEIP Calvo Sotelo. “Tanto a ampliación do complexo como a mellora do pavillón son dúas medidas moi necesarias…
Read More