Año: 2026

TERnadal, o programa de termalismo e convivencia que oferta a Deputación para as persoas maiores de 50 anos

TERnadal, o programa de termalismo e convivencia que oferta a Deputación para as persoas maiores de 50 anos

Deputación de Ourense pon en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa TERnadal, unha iniciativa que combina termalismo, benestar e convivencia para ofrecer ás persoas maiores de 50 anos a oportunidade de desfrutar das festas de Nadal nos balnearios da provincia. O presidente provincial, Luis Menor, anunciou a apertura desta nova edición durante a comparecencia posterior á Xunta de Goberno, coincidindo coa publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O programa enmárcase na estratexia termal da Deputación contra a soidade non desexada, un dos grandes retos sociais dunha provincia caracterizada polo envellecemento da poboación e a dispersión…
Read More
O PSOE de Leiro considera “falta de respecto á veciñanza” o retiro do Goberno da Xunta no mosteiro de San Clodio “cando o SPA do viño permanece pechado”

O PSOE de Leiro considera “falta de respecto á veciñanza” o retiro do Goberno da Xunta no mosteiro de San Clodio “cando o SPA do viño permanece pechado”

O PSdeG-PSOE de Leiro considera unha auténtica “falta de respecto á veciñanza»” que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o seu executivo escollan o Mosteiro de San Clodio para celebrar o seu retiro de traballo desta pasada fin de semana "namentres continúan sen resolver os problemas de funcionamento e aproveitamento das infraestruturas turísticas do municipio". Os socialistas denuncian a "contradición de utilizar Leiro como escenario para a propaganda institucional mentres instalacións financiadas con cartos públicos, como o Spa do Viño, permanecen pechadas e sen prestar servizo". Os concelleiros socialistas, Pedro José González e Manuel Rodríguez, consideran “especialmente grave que…
Read More

D. Lisardo Vázquez Álvarez (Viúvo de Dña. Inés Fernández Mosquera) -D.E.P.-

Faleceu no Bolo -Garabás- (Maside) aos 96 anos. Fillas: Mariluz e Marisol Vázquez Fernández. Fillos políticos: Evaristo Rodríguez Pérez e Miguel Outeiriño Pérez. Netos: Miguel, Eva e Adrián. Netos políticos: Ana e José Antonio. Bisnetos: Sofía, Sara, Lucas e Alejandra. Irmá: Fina Vázque Álvarez. Irmáns políticos: Pepe, Concha, Cesarita, Paca, Celso, Esther e Pedro. Sobriños, sobriños políticos, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o martes día 10 as catro da tarde dende o Velorio Municipal de O Bolo -Garabás- (Maside) ata a igrexa parroquial de San Pedro de Garabás (Maside) na que se celebrará…
Read More
Derrota do Arenteiro no campo do líder

Derrota do Arenteiro no campo do líder

O Arenteiro aguantou o empate durante a primeira parte, pero tralo paso por vestiarios o Boiro demostrou o por qué é o líder destacado da categoria nunha segunda parte na que marcaron moi pronto e despóis vironse favorecidos pola expulsión con cartón vermello do central do Arenteiro, Obio, que deixou ao equipo en inferioridade na última media hora de partido, na que os de Barraña fixeron outros dous goles, o último de penalti. Pare ver a cronica de La Voz de Galicia, preme no enlace: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2026/11/09/boiro-sale-lider-barrana-imponerse-contundencia-arenteiro/0003_202611B9C6992.htm
Read More

D. Servando Guerra Fernández -D.E.P.-

Faleceu aos 84 anos. Esposa: Gloria Martínez Vázquez. Fillos: Félix e Jaime Guerra Martínez. Fillas políticas: Karlene Contreras Calderón e Karen Monserrat Duclaud Macías. Netos: Santiago e Íker Guerra Placencia e María José, Estefanía e Ainhoa Guerra Mirón. Irmáns, irmáns políticos, sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución este lúns dia 9 de novembro ás catro e media da tarde, desde o velorio de Abelenda (Avión) ata a igrexa parroquial de Santa Mariña de Abelenda, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Rodeiro, favores polos que lles quedarán moi…
Read More

Dña. Flores Cortés Antón (Viúva de D. Leopoldo Casa Justo e natural de Pascais -Avión-) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 93 anos. Fillos: Delia, Leopoldo (+) e Paz Casa Cortés. Fillo político: Manuel Ferreiro Simón. Netos de convivenza: Sofía, Manuel e David Ferrerio Casa. Irmáns: Antonio (+), Serafín (+), Julia e José (+) Cortés Antón. Irmáns políticos: Digna Fernández, Ángeles Aguado (+), Antonio Costoyas (+) e Rosario León. Demais netos, netos políticos, sobriños, primos e deamais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o luns día 9 as catro da tarde dende Velatorios Veracruz Centro O Carballiño ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de…
Read More

D. Manuel Lorenzo Carral “O Teso” -D.E.P.-

Faleceu en A Boulla -Oseira- (Cea) aos 84 anos. Esposa: Carmen González Fernández. Irmáns políticos: Pepe (viúvo de Lola), Maruja (viúva de Pepe), Julio (+), Susana, José Manuel (+), Cecilia, Antonio (+), Edita (+), Modesto, Pepe, Eva, Sergio, Paco e María. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o luns día 9 as catro da tarde dende o Velorio Municipal de Cea ata a capela da Ventela -Oseira- (Cea) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O Templo da Veracruz incorpora ao seu patrimonio, entre outros bens, un órgano de 1200 tubos. Son doazóns feitas por dúas comunidades da cidade alemá de Bochum.

O Templo da Veracruz incorpora ao seu patrimonio, entre outros bens, un órgano de 1200 tubos. Son doazóns feitas por dúas comunidades da cidade alemá de Bochum.

A casa do concello do Carballiño recibíu aos consellos parroquiais de Santa María de Bochum e de Santa Teresita da cidade de Bochum (Alemaña), que veñen de realizar unha significativa doazón de bens patrimoniais ao Templo da Veracruz. O alcalde en funcións, José Castro-Gil, e os concelleiros de Turismo, Manuel Dacal, e Educación, Lorena Castro, recibiron aos visitantes, acompañados de Jorge Juan Pérez, párroco do Carballiño. “Estamos moi agradecidos pola vosa xenerosidade, as vosas doazóns enriquecen o patrimonio cultural da Veracruz, pero tamén do Carballiño e de toda a comarca”, resaltou Castro-Gil, que fixo entrega de varios recordos ao grupo…
Read More

Dña. Carmen Rodríguez Rodríguez (Viúva de Sito Cervela González e veciña de Vilariño Frío -Coiras- Piñor) -D.E.P.-

Faleceu aos 89 anos. Fillos: María del Carmen, Modesto e Yolanda Cervela Rodríguez. Fillos políticos: Manuel, Carlos e Rosa. Netos: Laura, Miriam, Noelia e Carlos. Neto político: Antonio. Irmá: Manuela. Afillada: María del Carmen. Irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o domingo día 8 as catro e media da tarde dende o Velorio Municipal de San Cristovo de Cea (sala nº1) ata a igrexa parroquial de San Xoán de Coiras (Piñor) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O concello murciano de Archena concede a título póstumo o Escudo de Ouro da Vila ao carballiñés José Juan Cerdeira

O concello murciano de Archena concede a título póstumo o Escudo de Ouro da Vila ao carballiñés José Juan Cerdeira

O presidente da Deputación de Ourense e presidente da Sección de Vilas Termais da FEMP, Luis Menor recibiu, no marco da XIX Asemblea desta entidade, o Escudo de Ouro da Vila de Archena que concedeu a título póstumo a quen foi director da Área de Benestar da institución provincial, José Juan Cerdeira, recentemente falecido. Esta condecoración representa a máxima distinción honorífica que outorga o Concello de Archena (Murcia) a personalidades e entidades de singular relevancia. Luis Menor agradeceu este recoñecemento “máis que merecido”, remarcando a transcendencia histórica da súa figura, asegurando que José Juan Cerdeira foi un “piar fundamental para…
Read More