Año: 2026

José Antonio Cerdeira, novo presidente local do PP “buscarémos o mellor candidato á alcaldía do Carballiño, incluso fora do partido”

José Antonio Cerdeira, novo presidente local do PP “buscarémos o mellor candidato á alcaldía do Carballiño, incluso fora do partido”

O Partido Popular do Carballiño inicia unha nova etapa co recente nomeamento de José Antonio Cerdeira como presidente da xunta xestora local, e coas vistas postas en maio de 2027, cando se celebrarán as eleccións municipais que renovarán a corporacións municipais e alcaldías. O novo responsable dos populares carballiñeses defende o traballo do grupo municipal e o pacto de cogoberno co PSOE no concello carballiñés, e anuncia que o próximo candidato do PP á alcaldía para o ano que ven sairá dun proceso interno que buscará á persoa idónea "mesmo fora do partido", subliñou. Escoita aquí a entrevista en COPE…
Read More
Falece unha muller  e outra persoa resulta ferida grave nun accidente de tráfico na OU-504, nas inmediacións da rotonda de Ariz

Falece unha muller e outra persoa resulta ferida grave nun accidente de tráfico na OU-504, nas inmediacións da rotonda de Ariz

O suceso rexistrouse a primeira hora desta tarde de xoves na OU-504, dentro do territorio municipal do concello de San Cristovo de Cea, a pouca distancia da rotonda de acceso á autovia de Santiago, preto da gasolineira de Ariz, e nunha colisión na que se viron involucrados dous vehículos. Unha muller, de 60 anos natural de O Val de Vilaseco (Cea) e veciña do Carballiño faleceu no mesmo acto do accidente, e outra persoa, un home, resultou ferido grave, sendo evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de Ourense en estado crítico. A Garda Civil reorganizou o tráfico na zona mediante…
Read More
Pazos de Arenteiro retrocede máis de 200 anos ao pasado histórico con “1809-A Batalla”

Pazos de Arenteiro retrocede máis de 200 anos ao pasado histórico con “1809-A Batalla”

O Concello de Boborás presentou esta mañá, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, unha nova edición de “1809. A Batalla de Pazos de Arenteiro”, a única festa de recreación histórica napoleónica que se celebra na provincia de Ourense, e que terá lugar o vindeiro 30 de maio de 2026. Na rolda de prensa participaron a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres; a presidenta da Asociación Cultural “1809. A Batalla”, Elvira Santiago; o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o xefe da Área Provincial de Ourense da Axencia de Turismo de Galicia, Cecilio Santalices. Durante a presentación destacouse…
Read More

D. Manuel Carnero Pagán -D.E.P.-

Faleceu en Sadurnín (Cenlle) aos 89 anos. Esposa: Mari Cruz Bueno Rodríguez. Fillas: María Isabel (+) e Sonia Carnero Bueno. Fillo político: Secundino Rodríguez Gómez (Cuco). Netos: Bruno e Candela. Irmá política: María del Pilar Bueno Rodríguez. Sobriños, primos e demais familia. Agradecen unha oración e a asistencia á conducción o venres día 29 de maio as doce da mañá dende Tanatorio García Aliende de Ribadavia (sala Avia) ata a igrexa parroquial de San Xoán de Sadurnín (Cenlle) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O “boom” inmobiliario no rural continúa á alza no Carballiño-O Ribeiro. Escoita aquí a Óscar Garriga.

O “boom” inmobiliario no rural continúa á alza no Carballiño-O Ribeiro. Escoita aquí a Óscar Garriga.

O perfil do comprador é moi variable, tal como comentou en COPE O Carballiño Óscar Garriga, promotor inmobiliario que desde Cea canaliza unha gran parte das operacións que compra-venda que se están a levar a cabo en moitas aldeas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. Familias mozas, nómadas dixitais, xubilados e persoas que apostan pola tranquilidade do rural ante os prezos que non deixan de medrar por un piso en calquera cidade. E nalgunhos casos, comentou Garriga, con operacións ultrarrápidas, nas que vendeu casas a compradores que pecharon a compra sen nin xiquera visitalas previamente. Escoita aquí a entrevista…
Read More
Os Socialistas instan ao goberno do concello de Cenlle para que promova unha auditoria de contas externa que aclare a “trama da auga e a xestión económico-financieira dos últimos anos”

Os Socialistas instan ao goberno do concello de Cenlle para que promova unha auditoria de contas externa que aclare a “trama da auga e a xestión económico-financieira dos últimos anos”

O PSOE entende que sería a via indicada para aclarar todas as irregularidades sobre a chamada "trarma da auga" neste concello ribeirán, tras denunciar a oposición municipal -PSOE e BNG- un posible caso de malversación de fondos públicos, ao detectarse que o diñeiro cobrado aos usuarios do abastecemento de auga figuraba como pagado, pero non estaba claro o seu destino. Foron as reclamacións de Augas de Galicia reclamandolle ao concello o pago do canon autonómico, o que fixo en outubro de 2025 saltar as alarmas. Os socialistas consideran como insuficientes as explicacións do goberno que preside a popular Rebeca Sotelo,…
Read More
A concellería de Servizos Sociais emitíu no último mes 150 certificados de vulnerabilidade a migrantes empadronados no Carballiño, facilitando a regularización das persoas estranxeiras

A concellería de Servizos Sociais emitíu no último mes 150 certificados de vulnerabilidade a migrantes empadronados no Carballiño, facilitando a regularización das persoas estranxeiras

A Concellería de Servizos Sociais do Concello do Carballiño tramitou 150 certificados de vulnerabilidade entre a poboación migrante do municipio. Trátase dun documento necesario para a regularización de persoas estranxeiras, ao abeiro do Real Decreto que entrou en vigor o pasado 16 de abril. “Estamos colaborando co Ministerio para que todas as persoas que queiran traballar o poidan facer”, destaca Silvia Baranda, concelleira de Servizos Sociais, quen recorda as dificultades de regularización antes do Real Decreto. “Moita xente non daba conseguido cita na Subdelegación do Goberno para tramitar os papeis necesarios e non podía traballar aínda que quixese”, lamenta. Desde…
Read More

Dña. Agripina Rodríguez González -D.E.P.-

Faleceu en San Amaro aos 98 anos. Fillo: Eliseo Fernández Rodríguez. Filla política: Edita Montoto Piña. Neta: Montserrat Fernández Montoto. Neto político: Samuel. Bisneto: Álvaro. Irmá: Nélida Rodríguez González. Irmás políticas: Rosita e Julia. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o martes día 26 de Maio as seis da tarde dende o velorio de Vilar de Rei ata a igrexa parroquial de San Miguel de Vilar de Rei (Cenlle) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. Rógase non envíen flores.
Read More

Dña. Celia Casas Prado (Viúva de Manuel Prado Prado, natural do Regueiro) -D.E.P.-

Faleceu aos 100 anos no Carballiño. Fillas: Rosa María (De Farmacia Beariz) e Concepción Prado Casas. Fillo político: José Prado Muradás. netos: José Manuel, Juan Carlos e Francisco Javier. Netas politicas: Isabel, Ana Tere e Paola. Bisnetos: José Iván, Lupe, Diego, Almudena e Lúa. Irmáns políticos: María, Francisco e Hermesinda. Sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar o lúns dia 25 de maio ás 6 da tarde, desde o tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño (Sala nº 2) ata o Templo da Veracruz, onde se celebrará o funeral, e posterior inhumación no…
Read More

D. Enrique Reinoso Valdesoiro (Víuvo de Amelia Crespo Reinoso, natural de Orros-O Irixo) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 91 anos. Filla: Mariluz Reinoso Crespo. Fillo político: Eduardo Alonso Francisco. Netos: Andrea e Eduardo. Neta política: Carolina. Irmáns, irmás poíticos, sobriños, primos e demáis familila. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar o lúns dia 25 de maio ás catro e media da tarde, dese o tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño (Sala nº 3) ata o Templo da Veracruz, onde se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Señorín, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O Velorio abriráse a partir das 3 da tarde do domingo dia 24.
Read More