Año: 2026

Premio ao mérito deportivo de Galicia para o carballiñés Manolo Blanco, pioneiro no deporte local. Escoita aquí a entrevista na que repasa a súa traxectoria.

Premio ao mérito deportivo de Galicia para o carballiñés Manolo Blanco, pioneiro no deporte local. Escoita aquí a entrevista na que repasa a súa traxectoria.

A Xunta ven de outorgar o premio ao mérito deportivo a Manuel Blanco Guerra "Manolo Celta", todo un pioneiro no deporte carballiñés nos anos 60 e 70 do século XX, no baloncesto, o atletísmo, o fútbol sala, o automobilismo ou o tenis, e xa máis recentemente no golf. Polo tanto, Manolo é memoria viva da historia do deporte carballiñés, que repasa nesta entrevista de COPE O Carballiño.
Read More

D. José Dacasa Sieiro -D.E.P.-

Faleceu en Vilachá-Boborás, aos 85 anos. Esposa: Obdulia Paradela Alonso. Fillos: Jorge, Laura, Francisco e Aurelio Dacasa Paradela. Netos: Miguel Ángel, Iñaki, Fernanda, Santiago, Iker e Alejandra. Irmáns: Concepción e Antonio Dacasa Sieiro. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e asistencia a conducción o martes día 5 de maio dende o tanatorio de Feás-Boborás ata a igrexa parroquial de San Antonio de Feás na que se celebrará o funeral as seis e media da tarde, e posterior inhumación no cemiterio parroquial.
Read More
Preocupación na parroquia de Covas-Cea polos ataques do lobo, que mata cabras e ovellas. Escoita aquí a un dos gandeiros afectados, Erik López.

Preocupación na parroquia de Covas-Cea polos ataques do lobo, que mata cabras e ovellas. Escoita aquí a un dos gandeiros afectados, Erik López.

Os veciños manifestan que había máis de 30 anos que non se tiña coñecemento da presenza do lobo nesta parroquia, próxima á serra da Martiñá, no concello de San Cristovo de Cea. Nos lugares de Bustelo, Ardesende ou Mosteirón os veciños comprobaron como os lobos atacaron a plena luz do dia, matando varias cabras, ovellas, e mesmo tería atacado a algunha vaca nesta mesma parroquia. Os gandeiros manifestaron por medio de Eric López a súa preocupación e impotencia por esta problemática en COPE O Carballiño. Escóitao aquí:
Read More

Dna. Manuela Martínez Rodríguez (Viúva de Antonio González Pérez) -D.E.P.-

Faleceu en Listanco-Maside, aos 95 anos. Fillos: Aurora, Carmen, Conchi, e Manuel "Peón". Fillos políticos: Fabián (+) Ramón García, Antonio Rodríguez, e Rosa Álvarez. Netos: Diego, Nerea, Eric e Raquel, Carla, Lucas, Noel, e Candela. Bisneta: Claudia. Sobriños, pirmos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar o lúns dia 4 de maio ás seis e media da tarde, desde o velorio de Maside ata a igrexa parroquial de San Miguel de Armeses-Maside, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O Arenteiro perde co Cacereño e certifica o seu adeus á Primeira Federación tras 3 temporadas consecutivas na categoria de bronce

O Arenteiro perde co Cacereño e certifica o seu adeus á Primeira Federación tras 3 temporadas consecutivas na categoria de bronce

Mañá de choiva en Espiñedo para dirimir o duelo entre Arenteiro e Cacereño, nun dos enfrontamentos directos pola permanencia. Os de Carballiño saltaban cun once tipo coa misión de buscar a tan ansiada vitoria fronte ao conxunto estremeño. Bos primeiros minutos para os locais, con varias chegadas por costados a través de centros cruzados para xerar ocasións na área rival. Mingo, nun bo remate tras envío aéreo, e Moreno, con varias incorporacións pola esquerda culminadas en perigosos centros, lideraban a iniciativa ofensiva do Arenteiro fronte a un rival correoso e ordenado. Co paso dos minutos, o encontro foi equilibrándose, e…
Read More
A Concellería de Comercio e o Centro Comercial Aberto celebran o “Dia do Mercado” co sorteo de varias cestas de productos locais

A Concellería de Comercio e o Centro Comercial Aberto celebran o “Dia do Mercado” co sorteo de varias cestas de productos locais

A Concellería de Comercio e O Carballiño Centro Comercial Aberto impulsan unha campaña moi especial para conmemorar o Día do Mercado, que se celebrará o próximo 30 de maio. Aquelas persoas que realicen compras na Praza de Abastos do Carballiño entre os días 1 e 30 deste mes de maio entrarán no sorteo de varias cestas de produtos locais de calidade. “Queremos premiar a compra no comercio local e poñer en valor o traballo dos praceiros e praceiras da nosa Praza de Abastos”, resalta Diana González, concelleira de Comercio. O sorteo das cestas levarase a cabo o propio día 30…
Read More

Dña. Julia Hermida Carbajales (Viúva de José Antonio Sánchez Loureiro) -D.E.P.-

Faleceu en Gomariz-Leiro,a os 85 anos. Fillos: José Antonio, Maria del Carmen e Julio. Fillos políticos: Maria Purificación Lorenzo, José Luis Sobrino (+) e Loly Taboada. Netos, bisnetos, Irmáns politicos, sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar o sábado dia 2 de maio ás 4 da tarde, desde o tanatorio García Aliende de Leiro ata a igrexa parroquial de Santa Mariña de Gomaríz, na que se celebrará o funeral, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. Posteriormente, procederáse á incineración na intimidade familiar.
Read More

D. Emilio López Mosquera -D.E.P.-

Faleceu o día 29 de Abril en As Lagoas (Piñor) aos 85 anos. Fillo: Javier López Figueiredo. Filla política: Araceli Grela Moreda. Netos: Loreto, Lucas e Pablo. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e asistencia a conducción o venres día 1 as cinco da tarde dende o velorio municipal de Cea ata a igrexa parroquial de Santa María de Tamallancos (igrexa nova) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

1º Cabodano D. José Luis Gómez Paz e da súa esposa Dña. Obdulia Pena Fraga -D.E.P.-

Falecidos os dias 1 de abril e 23 de abril de 2025, aos 76 e 72 anos de idade, respectivamente, en Seoane (O Carballiño) Fillos: José Luis, Jéssica e Ana María Gómez Pena. Fillos políticos: Cristina e Ángel. Netos: Nicolás, Fabio, Alba e Paula. Irmáns de José Luis: Carmen, Rosa, Marina e Blanca (+) Irmáns de Obdulia: Carmen, Aurora, Jaime, Paquita e José (+) Irmáns políticos, sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración, e a asistencia ao funeral de cabodano que se celebrará o sábado dia 2 de maio ás cinco da tarde na igrexa parroquial de San Xoán…
Read More
A Tertulia de COPE O Carballiño analiza as  últimas novas no pacto PSOE-PP no concello. Escóitaa aquí.

A Tertulia de COPE O Carballiño analiza as últimas novas no pacto PSOE-PP no concello. Escóitaa aquí.

O anuncio feito esta semana dando conta da continuidade do pacto de cogobernanza entre socialistas e populares no concello carballiñés, sen que haxa relevo na alcaldía, e mantendo as mesmas condicións dos últimos dous anos que leva en vigor, acaparou boa parte da tertulia desta semana, na que participaron Gonzalo Rodríguez, Manuel Nogueira, Fátima Gómez, José Antonio Barge e Sebas Lamazares.
Read More