Año: 2026

Carlos Méixome publica “Polo avieiro de Dona Emilia”, un libro que nos leva a O Carballiño dos anos 70. Escóitao aquí.

Carlos Méixome publica “Polo avieiro de Dona Emilia”, un libro que nos leva a O Carballiño dos anos 70. Escóitao aquí.

O mestre e historiador Carlos Méixome homenaxea ao Carballiño no seu último libro, “Polo Avieiro de Dona Emilia”, no que dá conta da relación de Emilia Pardo Bazán coa vila do Arenteiro e recorda fitos históricos e personaxes emblemáticos mesturados coa súa propia memoria. Na presentación  da obra, o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, puxo en valor o “gran traballo” realizado por Méixome, que permitirá afondar na relación de Emilia Pardo Bazán co Carballiño, ademais de descubrir historias descoñecidas para parte da poboación. “No libro coñeceremos fitos que ocorreron aquí, como atentados, o vínculo co viño, a historia do Balneario…
Read More
O Arenteiro, que gozou de ocasións para remontar, logra un punto de orgullo propio en Barakaldo

O Arenteiro, que gozou de ocasións para remontar, logra un punto de orgullo propio en Barakaldo

Os vascos, que levaban seis partidos gañados consecutivos no seu estadio de Lasesarre, viroon como o Arenteiro, que chegaba con baixas moi sensibles a este partido, igualou o gol do Barakaldo e mesmo tivo ocasións para voltear o marcador. Os dous goles foron na primeira parte, o Barakaldo saíu mellor pero a primeira gran ocasión foi para o Arenteiro tras un gran centro de Diego Moreno que non encontrou rematador. O exfutbolista do Atletic Club Sabin Merino adiantou aos locais no minuto 18, pero no 27 Kandoussi empatou para o Arenteiro, a partir dese momento o Arenteiro dominou o resto…
Read More
O Arenteiro non levanta cabeza e cae ante o Arenas Club de Getxo

O Arenteiro non levanta cabeza e cae ante o Arenas Club de Getxo

A terceira tempada consecutiva do Arenteiro na Primeira Federación continúa sendo unha cruz para o equipo, desta vez cunha nova derrota e ademáis en Espiñedo na matinal do domingo de Pascua ante os vascos do Arenas Club de Getxo. Desta vez, tamén desta vez, como nos últimos partido en Espiñedo o Arenteiro consigue adiantarse no marcador, pero logo deixase remontar. E cando todo sae mal, os males multiplicanse, os deste partido a lesión de Luca que tivo que abandoar o campo tras recibir un golpe na cabeza, e a expulsión de Mingo con vermella directa no minuto 100 de partido.…
Read More
O Arenteiro regresa de baleiro de Salamanca. Video e cronica do partido.

O Arenteiro regresa de baleiro de Salamanca. Video e cronica do partido.

Inionistas de Salamanca derrotou no estadio Reina Sofía por 3-1 a un Arenteiro que da outro paso atrás no cada vez máis complicado obxetivo da permanencia na Primeira RFEF. Tras irse ao descanso cun dsfavorable 2-0, o Arenteiro intentouno na segunda parte e Bastida puxo esperanza co seu gol aínda que a igualada non chegou e xa co tempo cumplido os charros ampliaron a vantaxe no marcador. VideoResumen do partido:  https://www.youtube.com/watch?v=9E2B6ahnYVw Cronica do partido na prensa local: https://www.salamanca24horas.com/
Read More
O Arenteiro, ao que lle anularon dous goles por supostos fora de xogo, empata no desconto ante o Celta Fortuna

O Arenteiro, ao que lle anularon dous goles por supostos fora de xogo, empata no desconto ante o Celta Fortuna

Jordan adiantou aos verdes, que despois tiveron varias ocasións para sentenciar o partido, sobre todo na primeira parte, tamén na segunda, incluidos dous goles anulados por suposto fora de xogo, pero xa se sabe, a can flaco todo son pulgas. E outra vez o desconto resulta fatídico para os intereses do Arenteiro, que no último tramo do partido notaba o cansancio ante o ímpetu do filial celtiña, outros dous puntos que se escapan de Espiñedo, esta vez ante o mellor visitante da categoria, que deixan a un equipo moi tocado, e que non merecía este novo castigo polo visto de novo…
Read More