Año: 2026

A Corporación Municipal aproba gastos por 610.000 euros para mellorar vías, xardíns, festexos ou o bono comercio. O pleno iniciouse cun minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario en Urda.

A Corporación Municipal aproba gastos por 610.000 euros para mellorar vías, xardíns, festexos ou o bono comercio. O pleno iniciouse cun minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario en Urda.

O pleno do Concello do Carballiño deu luz verde esta na sesión ordinaria deste mes de outubro á modificacións de crédito de algo máis de 610.000 euros, dirixidos a mellorar vías e calzadas públicas, reforzar o mantemento dos xardíns e preservar e apoiar festexos populares, así como para o bono comercio, entre outras aplicacións, como saldar débedas coa antiga empresa de recadación o facer fronte, de confirmarse, a unha posible reclamación patrimonial. A sesión abríuse gardando un minuto de silencio polas vítimas do grave accidente de ferrocarril deste pasado mércores en Urda (Toledo) O alcalde en funcións, José Castro-Gil, deu…
Read More
O Grupo Provincial Socialista pide un plan de mellora de estradas, entre as que inclúe a OU-0303 Valdepereira-Maside, principal vía para os concellos de Cenlle e San Amaro

O Grupo Provincial Socialista pide un plan de mellora de estradas, entre as que inclúe a OU-0303 Valdepereira-Maside, principal vía para os concellos de Cenlle e San Amaro

O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense esixirá no pleno provincial unha planificación real das actuacións na rede de estradas da institución, con criterios obxectivos, investimentos identificados e prazos concretos para resolver as deficiencias que afectan á mobilidade e á seguridade viaria en numerosos concellos. As e os socialistas denuncian que non abonda con anunciar obras ou executar actuacións illadas, senón que a provincia precisa dun plan plurianual que permita saber que se vai facer, onde, cando e con que recursos. No marco desta iniciativa, deputados e deputadas socialistas estiveron presentes no concello de Vilardevós, na estrada OU-1006 que…
Read More

D. Antonio Vázquez Rodríguez (Traballador de Construccións Etelvino e Julio S.L. -A Carrasca- Maside) -D.E.P.-

Faleceu en Faquín de Garabás aos 51 anos. Pais: Aúrea Rodríguez García e Antonio Vázquez Álvarez (+), Irmás: Aúrea e Ana María Vázquez Rodríguez. Irmán político: Manolo Cornín. Sobriño: Mateo. Tios, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 29 as cinco da tarde dende o velorio de Garabás (Maside) ata a igrexa parroquial de San Pedro de Garabás (Maside) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O Concello do Carballiño renovará os pavimentos do Polígono Empresarial e executará un novo tramo da rede de augas pluviais da zona

O Concello do Carballiño renovará os pavimentos do Polígono Empresarial e executará un novo tramo da rede de augas pluviais da zona

O Concello do Carballiño renovará o pavimento do Polígono Empresarial e executará un novo tramo da rede de evacuación de augas pluviais da zona. A intervención, valorada en 150.000 euros, conta cunha subvención de preto do 80% do investimento por parte da Xunta. O proxecto pon de manifesto a aposta do goberno local polo espazo industrial, principal motor económico e de emprego da comarca. “Esta obra mellorará notablemente o día a día das moitas empresas e traballadores do noso Polígono, xa que a reparación dos pavimentos era unha demanda moi reiterada polo sector”, destaca José Castro-Gil, alcalde en funcións. A…
Read More
Entidade Local Menor, Deputación, Concello de Leiro e a empresa adxudicataria da súa xestión, ultiman as actuacións para a apertura do Balneario de Berán

Entidade Local Menor, Deputación, Concello de Leiro e a empresa adxudicataria da súa xestión, ultiman as actuacións para a apertura do Balneario de Berán

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial unha reunión de traballo co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; e co presidente da entidade local menor de Berán, Avelino Carballal, para facer seguimento dos trámites e labores previos á posta en servizo das novas instalacións balnearias de Berán. O encontro permitiu avanzar na coordinación das actuacións de adecuación que serán necesarias levar a cabo para a súa posta en marcha. Para elo, acordaron realizar unha visita ao balneario para supervisar sobre o terreo cales son as actuacións requiridas.  As administracións implicadas e a concesionaria continuarán os…
Read More
Turismo de Autoescola: mozos de Cataluña, Madrid ou Valencia desprázanse ata O Carballiño para a obtención do carnet de conducir

Turismo de Autoescola: mozos de Cataluña, Madrid ou Valencia desprázanse ata O Carballiño para a obtención do carnet de conducir

As prolongadas listas de espera para o examen practico do carnet de conducir, que pode ser de máis de seis meses en Cataluña, tres en Madrid, e unha situación crítica en Valencia con 45.000 alumnos en lista de espera, está traendo a O Carballiño a numerosos mozos que chegan para realizar as prácticas e o exámen de obtención do permiso de conducir. Permanecen no Carballiño unha media entre dúas e tres semanas, e regresan aos seus puntos de orixe unha vez que obteñen o seu carnet de conducir, único motivo que os trae ata O Carballiño, moitos deles sendo a…
Read More

D. José González Alemparte -D.E.P.-

Faleceu en Ourense - Rúa Greco nº4 2º dereita- aos 88 anos. Esposa: Blanca Flor Díaz Díaz. Filla: Mª de los Ángeles González Díaz. Fillo político: Manuel Estévez Gómez. Neto: Josquín Estévez González. Irmá política: Susana Peñalva. Sobriños: Miguel Ángel e Patrick Díaz Peñalva. Primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o mércores día 28 as tres e media da tarde dende Tanatorio Veracruz Parque Empresarial O Carballiño (sala nº1) ata a igrexa parroquial de San Miguel de Albarellos (Boborás) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que…
Read More

Dña. Lidia Gómez Losada -D.E.P.-

Faleceu en Cea aos 66 anos. Esposo: José Luis Rodríguez Gil. Irmáns: Carmen (+), Manolo (+), Rosa, Ermitas, Ramona, Isabel, Antonio (+), Suso, Remedios (+) e Paca Gómez Losada. Irmáns políticos: Sinesio, Elena, Manuel, Valentín, Manolo, Maruja, Jerónimo, Castro, Digna, Genaro, Isabel, Delfín, Inés, Alfonso, Pura, Sergio, Milagros, Miguel e Montse. Afillada; Mirian. Sobriños, bisobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o mércores día 28 as catro da tarde dende o velorio de Cea ata a capela da Saleta (Cea) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos…
Read More
O Templo da Veracruz abrirá este próximo sábado a Porta Santa do Ano Xubilar nunha cerimonia que será retransmida por TRECETV. Escoita aquí a programación anunciada polo Párroco Jorge Juan Pérez.

O Templo da Veracruz abrirá este próximo sábado a Porta Santa do Ano Xubilar nunha cerimonia que será retransmida por TRECETV. Escoita aquí a programación anunciada polo Párroco Jorge Juan Pérez.

Será este sábado dia 31 de outubro cunha cerimonia que terá unhas dúas horas de duración e que se iniciará ás once da mañá cunha procesión desde a Residencia de Maiores dos Irmáns Prieto-Asilo do Carballiño ata a Praza da Veracruz, que terá o seu momento culminante coa apertura da Porta Santa e completaráse coa celebración xa no interior do Templo Carballiñés. O Ano Xubilar prolongaráse ata o 17 de setembro de 2027, e no que ademáis das celebracións de carácter relixioso, sucederánse actividades culturais e artísticas, concertos de música e representacíons teatrais. Escoita aquí a entrevista a Jorge Juan…
Read More
Atl. Coruña Montañeros 0 Arenteiro 2

Atl. Coruña Montañeros 0 Arenteiro 2

Os verdes, neste partido de branco, conseguiron unha victoria balsámica na súa visita ao campo de Elviña da Coruña, ante un equipo como o Atlético Coruña Montañeros que viña dunha série de tres triunfos consecutivos, grazas a un partido moi serio do Arenteiro e no que por segunda vez no que vai de campionato logrou deixar a súa portería a cero. Nunha primeira parte intensa pero con poucas ocasións ante as respectivas porterías, Martín Lamelas adiantou no marcador ao Arenteiro cunha xogada persoal no minuto 38, despóis o gardameta Esteban realizou un auténtico paradón para manter a vantaxe e irse…
Read More