O PSdeG-PSOE lamenta que “o PP bloquease na Deputación o plan de mellora da rede viaria provincial”
O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense denuncia o voto en contra do Partido Popular á moción presentada para impulsar a mellora e planificación das actuacións na rede provincial de estradas, unha iniciativa que foi rexeitada grazas ao voto de calidade do presidente da institución, Luis Menor. “Unha vez máis, o PP volve dar as costas aos intereses da provincia e bloquea unha proposta necesaria para garantir unhas comunicacións máis seguras, unha maior igualdade territorial e unha atención adecuada ás necesidades dos concellos”, denuncian as e os socialistas. A iniciativa contou cos votos favorables do PSOE, BNG e Democracia…