29, Decembro 2020

A iniciativa das tarxetas penso que é boa. Pero distribuilas nun único punto xenera colas que non son recomendables neste contexto ademáis de resultar incomodísimo.

Agardo que con cada tarxeta tan só poda mercar unha persoa e non poda utilizar a mesma persoa tres tarxetas na compra dun produto. Dígoo porque podería darse a picaresca de que algúen que quera mercar algo de 150 por 75 podería facerse con 3 tarxetas (se nas tendas permiten utilizar as tres pra unha compra). O malo desto sería que a diversificación das compras reduciríase drásticamente o que afectaría a natureza desta axuda que pretende incrementar o consumo local, e a redistribución desta axuda seria menos equitativa (chegaría a menos tendas).

Non sei se está previsto algunha medida que evite esta posible picaresca.

Polo demáis boa iniciativa e agardo que se repita correxindo o das colas (implementando diversos puntos de distribución).

29, Decembro 2020

Parece que, definitivamente, O Carballiño poderá celebrar o "Feirón" do 31 de Decembro grazas a boa situación epidemiolóxica que presenta o municipio carballiñés, que mantén estable o número de casos activos de coronavirus, que son hoxe 6, os mesmo que onte.

Boborás e Beariz -respectivamente- mantéñense con 2 contaxios, e San Cristovo de Cea continúa cos mesmos 21 dos últimos dias, a maioria persoas residentes no xeriátrico da localdade.

A boa noticia deste antepenúltimo dia de 2020 na comarca é a do concello de Piñor, que consigue hoxe quedar libre de virus, sumandose asi á lista na que continúan os concellos de Maside, Punxín, O Irixo e San  Amaro.

28, Decembro 2020

Son en total 2.000 tarxetas cargadas con 50 euros, 25 que paga o cliente pola tarxeta e outros 25 euros que aporta o concello do Carballiño, promotor desta campaña "O Carballiño Contigo" acordada pola corporación municipal dentro do paquete de medidas para favorecer a reactivación do comercio e a hostelería, os sectores máis castigados pola crise do coronavirus.

As tarxetas están venda na Oficina de Turismo da Alameda, ata fin de existencias, en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas. Cada persoa, maior de 18 anos, poderá retirar ata 3 tarxetas, unha persoal e as outras dúas en represntación de outras dúas persoas, neste caso deberán presentar unha autorización por escrito, cuxo modelo pode descargarse na páxina web "O Carballiño Contigo", onde tamén pode encontrarse a relación dos 132 establecementos do Carballiño que participan nesta campaña, e nos que deberán gastarse o diñeiro de cada tarxeta, que terán como data de caducidade o dia 31 de Xaneiro de 2021. Pode solicitar a tarxeta calquera cliente do comercio e hostalaría do Carballiño, sexa cal sexa o seu domicilio, no Carballiño ou calquera outro concello.

27, Decembro 2020

A comarca do Carballiño continúa aumentado a súa media da idade cada ano que pasa, según os últimos datos que se corresponden aínda ao ano 2019,  a maioria dos concellos están preto de alcanzar os 60 anos de idade media, unha barreira que xa superan os concellos do Irixo e Beariz.

Os municipios "máis xóvenes" pero aínda asi "maiores" en relación coa idade media galega e española, son os do Carballiño, con 48,08 anos, e Maside, que chega aos 52,56 anos. A idade media española está nos 44 anos, e a galega nos 47,24 anos.

Pero aínda máis envellecidos están os outros sete municipios da comarca carballiñesa, con O Irixo á cabeza e xa 61 anos de media da súa poboación, de preto séguelle Beariz con 60,07 e San Cristovo de Cea con 58,05. E camiño de ser "sesentós" tamén se sitúan San Amaro con 57,53 anos de idade media na súa poboación, Boborás con 57,45 anos , Punxín con 57,37 anos e Piñor, que conta cunha media de 56,02 anos.

26, Decembro 2020

Tras a celebración da noiteboa e o nadal os datos do coronavirus permanen prácticamente inalterables na comarca, con lixeiras variacións. O concello de San Cristovo de Cea notifica hoxe 21 contaxios activos, un menos que onte. O Carballiño mantén 7 casos activos, os mesmos que onte, e dous máis que o dia de noiteboa. Repiten dato Boborás (2) Beariz (2) e Piñor (1).

Catro concellos mantéñense libres de virus outro dia máis, que son os de Maside, Punxín, O Irixo e San Amaro.

24, Decembro 2020

 O Equipo de COPE O Carballiño pídevos que celebrédes o nadal  con " moita cabeciña" neste contexto que vivimos, e deséxavos unhas boas festas.

24, Decembro 2020

O Carballiño consigue chegar á noiteboa e o nadal nunha boa situación epidemiolóxica, resistindo contra o coronavirus, con 5 contaxios activos no municipio carballiñés neste xoves 24 de Decembro.

A peor noticia da comarca está no concello de San Cristovo de Cea, que vive estas datas con récord de contaxios diarios dende que se declarou a pandemia, ao rexistrar 22 casos activos, a maioria vinculados á Residencia de Maiores de Cea. Tamén volve ter contaxios o concello de Boborás, 2, despois de lograr pasar dúas semanas libre de virus, unha condición que sí manteñen os concellos de Punxín, Maside, O Irixo e San Amaro. No concello de Beariz mantéñense 6 contaxios activos, dos que 5 son usuarios da Residencia de Maiores da localidade. Finalmente, Piñor continúa notificando un caso de coronavirus.

23, Decembro 2020

"O Nadal da Praza de Abastos" celebrou sorteo no que repartíu 7 cestas de nadal e unha caixa de viño da adega Pazo Tizón entre a clientela que realizou compras no mercado carballiñés no transcurso das últimas semanas.

Lourdes Trigás poderá brindar esta noiteboa co viño ribeiro de Pazo Tizón. As 7 cestas de nadal con productos do comercio local foron para Eva de Cea, Concepción Riveiro, Mª Dolores Otero González, Irene Jimenez, Lucita Valeiras, Maria Genoveva Fernández Civeira e Puri.

A concelleira de Promoción Económica do concello do Carballiño, Silvia Baranda agradeceu o apoio da veciñanza coas súas compras tanto na Praza de Abastos como no coxunto do comercio local nestas datas de tanta animación comercial, e pola súa parte Eligio González "Quini" felicitou en nome dos praceiros a todas as premiadas neste sorteo, e trasladou o desexo dunhas boas festas para toda a veciñanza do Carballiño e comarca.

22, Decembro 2020

Un ano máis o Concello do Carballiño fixo entrega dos diplomas aos gañadores do concurso de escaparates de Nadal. O xurado valorou a calidade e a gran competencia do comercio local carballiñés, sendo un resultado que se resolveu dunha forma moi axustada.

A tenda de calzado infantil École foi a que levou o primeiro premio na súa primeira participación neste certame de Nadal. O Estanco n°5 da rúa Venezuela logrou o segundo premio e a mercería La Moderna o terceiro.

O concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, achegaba os parabéns aos participantes e recordaba "a importancia que ten o consumo no comercio local nunhas circunstancias tan especiais como as que estamos a vivir".

22, Decembro 2020

A Área de Educación do Concello do Carballiño e o SNL do que é titular a concelleira Guadalupe Sobrado Pérez promove unha campaña de dinamización lingüística dirixida ao comercio local do Carballiño. Esta campaña está deseñada para fornecer con materiais atractivos e para facilitarlles aos comerciantes que poidan levar a cabo a súa actividade en galego.

Neste caso trátase dun folio de etiquetas, deseñadas pola marca OZOCOgz deseño galego, para colocar nos agasallos que merquen os clientes e as clientas, con distintos lemas (Bo Nadal, Boas Festas, Un bico moi forte, Quérote, Desexo que che guste, Parabéns, Feliz Aniversario, Cos meus mellores desexos.).

En cada un dos folios inclúese o logotipo da institución Ademais, tamén se repartirán carteis coa inscrición REBAIXAS onde cada letra é unha foto dun lugar emblemático do Concello do Carballiño, así podemos ver o balneario, a Veracruz ou o parque municipal, enttre outros.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS