
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, reuníronse na sede da entidade provincial para ultimar a colaboración entre ambas administraccións en varios proxectos no concello carballiñés.
No plano cultural, ambos mandatarios mostráronse dacordo para que o museo etnográfico do río Arenteiro pase a integrarse na futura rede museística provincial, un proxecto que ultima a Deputación, e no que tamén se incluirá o museo do papel da Lavandeira, aínda pendiente de rematarse, unha actuación coa que tamén mostrou o seu compromiso o presidente provincial. Nesta mesma rede museística, tamén se quere incluir o museo ao aire libre da Insua dos Poetas, xestionado pola Fundación do mesmo nome.
Ademáis, nesta entrevista de traballo, Presidente da Deputación e Alcalde do Carballiño acordaron a obra de mellora da Travesía de Mesego, que incluirá un novo pavimento. Tamén se abordou a adxudicación da obra de construcción dunha senda peonil de acceso ao Bañiño de Arcos dende a estrada do Reino, na parroquial de Arcos.

Debido á situación na que este ano temos que traballar nos centros escolares, na que nos vemos obrigados polas circunstancias a reducir os contactos ao mínimo e polo tanto os xa tradicionais festivais de Nadal, decidimos facer a maior e máis grande Gala de Nadal, na que participarán exactamente 2.459 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, de todos os centros educativos da comarca e de todas as etapas educativas.
Esta Gala terá un escenario principal que será o Auditorio do Carballiño e os outros escenarios, serán os 12 centros da comarca que se uniron á mesma de maneira espontánea e ilusionante.
No Auditorio levarase a cabo a presentación en directo da Gala, así como actuacións de Magos, artistas de circo, cantantes e músicos. O público estará sentado en cada un dos seus pupitres nas máis de 150 aulas.
Os outros escenarios serán os propios centros onde durante estas últimas semanas actuaron os propios alumnos e alumnas, gravándose en vídeo, as interpretacións, que formarán parte desa Gala.
Tamén haberá unha aula de cada centro que de maneira virtual estará presente, interactuando cos presentadores e artistas da mesma, no Auditorio.
No propio Auditorio, cumprindo coas medidas establecidas no momento, estarán presentes os alcaldes e concelleiros de educación dos concellos participantes e xa contamos coa presenza, confirmada da Xefatura Territorial e Inspección educativa da zona.
Ademais de todas as aulas dos centros educativos poderán presenciar a Gala en directo, todas as residencias de maiores da comarca, ás que lle faremos chegar o enlace para poder presenciala en directo.
En directo no auditorio estarán presentes 60 pais/nais representando proporcionalmente ao número de alumnos/as de cada centro, por rigorosa invitación levada a cabo dende as ANPAS.
O estilo vai ser Gala de entrega dos Goya, no que os vídeos dos centros sexan as películas, aínda que desta vez sen premios.
Isto será en resumo o que vai a ser a Gala Anti-Covid de todo o ensino nas terras do Carballiño. Tamén veremos como responden as comunicacións con todas as aulas conectadas á vez.
1ª Parte: Gala para alumnado de Infantil e Primaria
Hora comezo: 10:00 Hora finalización: 11:30
Actuacións:
Cada centro con alumnado de infantil e primaria terá 4 minutos de gravación dun ou varios vídeos dende os propios centros, nos que cada un fará o que desexe, música, baile, actuacións varias, etc. con intercalado entre as actuacións directas dende o escenario do Auditorio do Carballiño.
Actuacións no escenario:
.- Presentación a cargo do grupo de teatro “Dar Trela”
.- Actuación do Mago Kiko Pasteur
.- Actuación dunha equilibrista da “Ciudad de los Muchachos” Nerea Otero
Como fin da gala haberá unha actuación dos 408 alumnos e alumnas infantís de todos os centros da comarca cantando unha mesma canción.
2ª Parte: Gala para alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP, Ciclos e Conservatorio.
Hora comezo: 11:45 Hora finalización: 13:10
Actuacións:
Cada centro con alumnado de secundaria, bacharelato, FP... terá 6 minutos de gravación dun ou varios vídeos dende os propios centros, nos que cada un fará o que desexe, música, baile, actuacións varias, etc. con intercalado entre as actuacións directas dende o escenario do Auditorio do Carballiño.
Actuacións no escenario:
.- Presentación a cargo do grupo de teatro “Dar Trela”
.- Actuación en varios actos do Mago Kiko Pasteur.
.- Actuación cantante do IES nº1 do Carballiño Noemi Duro de 12 anos .
Bos dias por que non ye decides a os politicos do carballiño que en vez de facer a casa da xuventude na estacion do bus empecen facendo o apartamento despois o piso e despois si fai falta faiselle a casa por que creo que pra o uso que se lle vai a dar chegavalle ven pra empezar un pisiño e nos o que utilizamos o bus todos os dias mandanos pra estacion do tren eu chego todos os dias as 8 e cuarto da maña e onte contei ayer entre os rapaces que van pra o colegio e a xente que viñamos das aldeas pra a feira e eramos casi 70 que nos vera a la todos metidos na saliña de espera do tren e despois todos de paseo pra o carballiño e a volta todos cargados pra a estacion do tren teremos que darlle as gracias o alcalde por que pra xente nova quedan no centro na estacion do bus e pra nos pa os vellos mandanos casi a fontela moitas gracias e pensen un pouquiño
Ya llega el día de Navidad y yo, como muchos otros, hemos echado la carta para pedir nuestros deseos. Llevo un año pidiendo cosas y ahora espero que Papá Noel me las cumpla, claro que necesitará de la ayuda de los incompetentes e ineptos que dirigen el ayuntamiento del pueblo.
Primero quiero pedir a ver si de una vez por todas se digna a abrir los parques infantiles, algo que parece que no va a suceder porque se pueden desgastar.
Otra es pedir una oposición que sepa hacer de oposición y no esto que tenemos que ya no se ni que llamarlos, sobre todo los del PP.
Otra es a ver si arreglan las calles del pueblo que por alguna necesitas un 4x4 para poder pasar, otra la cierran dia si dia no.
Otra es velar por los peatones y ciclistas en un pueblo donde mas de la mitad de los conductores hace muchos años que deberían haber dejado de renovar el carnet y los otros volver a la autoescuela a reciclarse, también con la ayuda de eso que hay en la casa consistorial y que se dice que dirigen el pueblo para reducir velocidades y pasos de peatones elevados.
Y la última es que el año que viene podamos vivir un año libre de restricciones y de paso nos libremos de nuestro amado alcalde y cia. No es que le tenga manía, aunque alguien pueda pensarlo.

A consellería de Educación informa do peche dunha aula por causa do coronavirus no IES Chamoso Lamas do Carballiño, ao rexistrarse un caso positivo dun alumno.
Según o protocolo que se ven aplicando dende o inicio do curso, non é o habitúal, que un único caso de Covid-19 leve á clausura da aula, aínda que neste caso acordouse asi ao tratarse dunha aula con tan so oito alumnos. De feito, é a primeira vez que esto acontece nos centros educativos do Carballliño, a pesar de que chegaron a rexistrar preto de medio cento de contaxios entre o alumnado no que levamos de curso. Precisamente, no propio IES Chamoso Lamas, Sanidade notifica outros dous casos positivos máis, polo que en total son 3 os que rexistra o centro.
Ademáis, na última actualización de datos, tamén figuran un contaxio activo no CPR Sagrado Corazón e CPR Vila do Arenteiro, respectivamente.

Do 24 de Decembro ao 6 de Xaneiro, o concello de San Cristovo de Cea ofrece a toda a veciñanza un moi diverso programa de actividades virtuais, que poderán seguirse a través da páxina web municipal, Facebook, Instagram e Canal de WhatsApp.
No arquivo adxunto, tes todas as propostas desta programación navideña do concello de San Cristovo de Cea:
Porque se tarda tanto en resolver todas las subvenciones a autónomos desde el Ayuntamiento?
Vamos a entrar ya en la tercera ola de la pandemia y aún no dan cumplido con lo comprometido para la primera ya pasada y hace meses de esto.
A este ritmo, a alguno le llegará, si es que le llega, a casa porque el negocio estará ya cerrado y ya fuera de circulación.
Eso si, hubo mucha prisa por pagarle, entre las primeras, a una concejala del Psoe del propio grupo del gobierno municipal, lo cual de entrada es cuando menos poco ético.
Y lo peor de todo es que según están planteadas las bases, a mucha gente nos las están reduciendo a menos de la mitad o incluso acabaran denegándonosla.
Unha carballeira é un espazo natural no que non só hai carballos. Conviven especies animais e vexetais diversas nun rico ecosistema que se autorregula e se retroalimenta dende hai moitos séculos.
Ignoro se están ou non protexidas, pero no mundo actual faltaría algo se non se teñen en consideración estes marabillosos espazos naturais que contribúen á posibilidade de vida nesta terra. Se morren as carballeiras, o ser humano tampouco ha tardar moito en facelo como especie. A desaparición das carballeiras tamén repercutirá negativamente na climatoloxía e na contaminación, pois elimínanse espazos naturais que absorben monóxido de carbono en cantidades inxentes.
Nótase dende hai algúns anos que na contorna do Carballiño, que, curiosamente, leva no seu nome a unha árbore simbólica das carballeiras, se están a destruír este tipo de espazos naturais, sen que, ao parecer, lle preocupe a ninguén. Motoserras e todo tipo de máquinas traballan arreo pra esnaquizar espazos naturais tan importantes para a vida, para a regulación da contaminación e do clima, tema tan de moda, pero que non parece ser tomado en serio, cando menos polos propietarios das carballeiras e polos das motoserras.
Os propietarios das carballeiras non deberían poder arrasar con espazos naturais tan importantes e necesarios para a vida e para a paisaxe polo só feito de ser os "donos". Trátase dun ben común, necesario para a vida, e do que todo o mundo se beneficia dalgún xeito. Estannos a privar de elementos vitais a toda a sociedade e non queremos darnos conta.
Sempre escoitei dicir que onde se corta unha árbore hai que poñer outra, pero nunca escoitei que é o que hai que facer cando se destrúe unha carballeira enteira. Cando menos, farían falta moitos... moitos anos, seguramente séculos, para poder recuperala. Mentras... as carencias das aportacións beneficiosas para a vida que procedían destes espazos redundarán seriamente nunha peor saúde da biodiversidade e, tamén, do benestar da poboación humana.
Pois iso... pra reflexionar.

Baixo o lema "A MAXIA DO NADAL ESTÁ NO COMERCIO LOCAL" o Centro Comercal Aberto pon en marcha a súa programación navideña, coa colaboracíon do concello do Carballiño e a empresa Destelerías Miño, distribuidora da marca carballiñesa Paniagüa.
A programación ábrese o dia 22 co sorte dunha cesta de nadal e continúa os dias 23 e 24 con visita de Papá Noel e os seus Elfos, Máquina da Neve, Cabezudos, personaxes do Nadal, música e coche do nadal, o mércores 23 en horario de 16:00 a 18:30 horas e o xoves 24 en horario de 11:00 a 13:00 horas. O dia 4 de xaneiro repetiránse estas actividade de animación navideña, e finalmente o dia 6 de Xaneiro sortearánse 1.500 euros en vales de compra, en combinación co sorte do neno da lotaría nacional.
Tanto o presidente do CCA, Julián Garriga, como a concelleira de promoción económica, Silvia Baranda, incidiron no acto de presentación desta campaña da finalidalde da mesma, premiar a fidelidade dos clientes co comercio local e dinamizar as rúas do Carballiño con actividades de animación para tódolos públicos, pero sobre todo pensando nestas datas nos máis cativos da casa.

O alcalde de Cea, José Luis Valladares, e Alejandro Rubín en representación da Órden do Camiño de Santiago, presentaron a programación de actividades que desenvolveránse en Cea este próximo sábado 19 de Decembro, dedicada á promoción da Vía da Prata-Camiño Mozárabe, unha iniciativa enmarcada no programa " O Teu Xacobeo" cofinanciado por Turismo de Galicia.
A xornada celebraráse no centro multiusos de San Cristovo de Cea e contará con tres conferencias. A primeira delas estará a cargo de José Luis Rodríguez Cid, que falará da Vía da Prata, a segunda abordará aspéctos medioambientais, que impartirá Bruno del Llano. E o terceiro relatorio será o de Jesús Francisco Ares, que fará un repaso histórico polas etapas e a evolución dos camiños de Santiago como ruta cultural europea.
Para a apertura, ás 11:30 horas actuará o grupo musical "Feitizo de Pau" e ás 13:00 horas, antes dunha degustación de productos locais, actuará a cantante galega Lucía Pérez. Ademáis, haberá visitas a un forno do Pan de Cea e o Mosteiro de Oseira.
A inscripción, gratuíta, faráse enviando un correo electrónico á dirección: secretaria@ordendelcaminodesantiago.es
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 301
- 302
- 303
- 304
- 305
- 306
- 307
- 308
- 309
- …
- seguinte ›
- última »