18, Febreiro 2016

O vixente campión, o CD Arenteiro mediráse na eliminatoria de cuartos de final ao Allariz, que agora mesmo lidera a 1ª Autonómica. O partido de ida en Espiñedo e a volta no Luis Cid "Carriega".

Pola súa parte, o Maside recibirá primeiro no Outeiro Grande á SD Bande, e a volta no campo do equipo da Baixa Limia.

As outras dúas eliminatorias, tralo sorteo celebrado na delegación da Federación Galega de Fútbol, serán Monterrei-Ourense e Polígono-Cortegada.

Os partidos de ida serán o 24 de Marzo, xoves santo, e os de volta o 17 de Maio, día das Letras Galegas.

18, Febreiro 2016

O concello do Carballiño estudia modelos de eficiencia enerxética nas instalacións públicas, co obxectivo de mellorar a calidade da iluminación nos centros oficiais e públicos, e facela máis sustentable, así como para compartir proxectos que poidan ser cofinanciados por programas europeos no marco do Eixo Atlántico.

Algúns destes proxectos foron expostos durante a celebración da XXIV asamblea Xeral do Eixo Atlántico, desenvolvida na cidade portuguesa de Santa María da Feira, preto de Oporto, á que asistiu o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, xunto cos alcaldes das cidades galegas e portuguesas integradas neste organismo.

A eficiencia enerxética, xunto coa mobilidade, son dúas cuestións que interesan especialmente ao concello do Carballiño e que teñen cabida en diversos programas de desenvolvemento sustentable, con líñas de financiamento europeo.

Por iso, o concello estudia novos proxectos que sirvan para cumplir esa finalidade.

17, Febreiro 2016

Os seus pais, ao ver que non saía para o traballo, entraron na habitación e atopárono morto. Rubén Pérez Vázquez, tiña 36 anos, formaba parte do grupo municipal socialista no concello de Piñor.

A última hora da mañá realizouse a autopsia do cadáver, que deberá concretar as causas da repentina morte.

O concello de Piñor decretou loito oficial polo falecemento do seu concelleiro. O PSdeG emitíu un comunicado no que expresa a "inmensa dor" polo repentino falecemento e traslada as condolencias á familia, amigos e compañeiros socialistas, especialmente ao grupo municipal socialista do concello de Piñor.

O cadáver vélase no velorio municipal de Piñor ata as cinco da tarde deste xoves dia 18 de Febreiro.

15, Febreiro 2016

O concello do Carballiño cualifica a XXII Festa da Cachucha celebrada este pasado domingo comoa máis multitudinaria de cantas se levan celebrado no Carballiño. Malia ao mal tempo, con choiva e frío, que non cesou en todo o día , agás algúns intervalos, tanto os restaurantes como as rúas rexistraron unha gran afluencia de público.

O feito de que o desfile aprazado do martes de entroido se celebrase onte, axudou en gran medida pero tamén a animación e pasarrúas de comparsas, murgas, charangas e folións do mediodía, e, por suposto, o crecente interese por degustar o menú gastronómico do entroido servido nos restaurantes e mesóns do Carballiño.   

A restauración e a hostalería carballiñesa, por termo xeral, tivo unha gran ocupación, dándose incluso o caso de que nalgún restaurante se fixeron dous turnos de comidas.

E especialmente brillante resultou o desfile da tarde, encabezado por folións e comparsas que non concursaban, e seguido de catorce comparsas que si o facían.

Tras case dúas horas de recorrido, e cun esforzo digno de eloxio de todas as persoas integrantes das comparsas, numeroso público presenciou o desfile, a pesar de ter que facelo en moitos momentos cos paraguas abertos.

O fallo do xurado dos premios foi o seguinte:

 1º PREMIO 1.300€ Chuchería Galáctica (As. Cul. Castro de San Amaro)

2º PREMIO 1.000€  Ao son dos xigantes (As. Veciños de Freixo)

3º PREMIO    800€  Fantasía cordobesa (Os azucarados de Maside)

4º PREMIO    400€  Fantasía Mariña (As. Cul. Arrieiros de Dacón)

5º PREMIO    350€  Arácnidos do Carballiño (As. Lumareda)

6º PREMIO    300€  Facendo o indio

ACCÉSITS  

  • Os dálmatas (Os Trangalláns)
  • O rebaño do Vila do Arenteiro (Anpa do Vila do Arenteiro)
  • Os osos amorosos (Anpa da Uceira)
  • Os silleiros de Maside
  • Comando Picapezas.

PREMIO especial de 300€ (puntuación das comparsas): Houbo triple empate, pero ao final gañou a comparsa Os osos amorosos (Anpa da Uceira)

PREMIO especial colaboración no entroido carballiñés: Os Liborianos.

As concellalías de Cultura e Turismo agradecen a a todos os integrantes das comparsas e folións a súa participación no desfile, sobre todo, tendo en conta as adversas condicións meteorolóxicas nas que se desenvolveu, e por suposto, a todo o público en xeral, carballiñeses e visitantes, que encheron os restaurantes, cafeterías e as rúas da vila. 

14, Febreiro 2016

Reparto de puntos entre Domaio e Arenteiro, ningún dos dous equipos logrou marcar polo que o partido rematou co resultado inicial de 0-0. O árbitro santiagués Miguel A. Castro non quixo ver dous claros, moi claros, penaltis na área local, recoñecidos ata polo público local. No Arenteiro, que afrontaba o partido con numerosas baixas, debutaron as últimas fichaxes, Aitor Martínez e Alberto.

Encontro moi condicionado pola reducida diminsión do ancho do campo, que fai moi difícil o fútbol na líña de creación. O Domaio ten ben aprendida a lección, fútbol directo e "a ver se pillamos algunha", afortunadamente non o fixeron, aínda que por varias veces crearon perigo.

Pouco a pouco, o Arenteiro foi indo a mellor -de menos a máis- no transcurso do partido, e de feito, na segunda parte chegaba con máis facilidade á area local aínda que sen provocar ocasións diáfanas de gol. Magoa os dous penaltis que se tragou o árbitro, que poideron cambear o resultado do partido a favor do Arenteiro, foron moi claros, en ambas ocasións por mans dos defensores locais.

CD Arenteiro: Israel, Marcos Castro, Maxi, Aitor Martínez, Pana, Bardelás, Martín, Sanginés, Vitti, Marcos Sotelo e Alberto (Iván Portos, m. 73).

12, Febreiro 2016

Arredor de mil cincocentaspersoas, catorce carrozas e seis agrupaciónsmusicais animarán mañá este domingo o desfile do entroido.

En total, serán vinteún os colectivos que participarán neste magno espectáculo de cor, sonido e baile que recorrerá as rúas máis céntricas do Carballiño.

Murgas, comparsas, folións e carrozas daranse cita ás cinco da tarde na rúa Otero Pedrayo para comezar o desfile que discurrirá polas rúas Conde Vallellano, rotonda da Alameda, Avda. Xullo R. Soto, Calvo Sotelo, Tomás Mª Mosquera e Praza Maior.

Catorce comparsas optarán aos premios que serán concedidos por un xurado formado por dez persoas, representando á corporación municipal, ásasociacións veciñais, de comerciantes, de hostaleiros e culturáis, así como aos medios de comunicación.

Haberá, ademáis, un premio especial que fallarán os representantes de cada unha das comparsas.

En definitiva, concederanse case oito mil euros en premios.

O desfile irá encabezado, como é costume, pola murga carballiñesa Os Liborianos, e a continuación os folións e batucadas: Folión Arrieiros de Petín, Batucada Os da Caña, Folión de Fradelo, Folión Viticultores e Folión de Tameirón.

O Bosque Animado de Aspadisi fai de enlace coas catorce comparsas que optan aos premios do concurso.

A duración prevista para o desfile é dunha hora e media, e ao remate haberá un baile amenizado pola orquestra La Oca Band.

Os premios entregaranseásoito da tarde, no escenario da orquestra.

PASARRÚAS E XANTAR

A animación musical está garantida dende as doce do mediodía, cun desfile-pasarrúas de charangas e folións polo centro da vila.

E a partir das dúas, comezará o xantar da cachucha nos establecementos hostaleiros do Carballiño.

O número de reservas efectuadas nestes últimos días, augura unha afluencia masiva de carballiñeses e visitantes para degustar este prezado manxar da gastronomía típica do entroido nos mesóns e restaurantes.

CORTE DE TRÁFICO NO CENTRO

Debido aos desfiles do mediodía e da tarde, recoméndase aparcar os vehículos nas entradas do Carballiño, e evitar, na medida do posible, a circulación polas avenidas e rúas céntricas da vila, que quedarán cortadas, sobre todo, entre as cinco e as sete da tarde.

Asemade, rógase ao público que siga o desfile dende as beirarrúas, mantendo a distancia de seguridade coas comparsas e carrozas, para evitar calquera posible incidente.

A policía local e a agrupación de emerxencia e protección civil velarán polo cumprimento das medidas de seguridade, en aras de que o desfile transcurra sin incidencias.

 

10, Febreiro 2016

O concelleiro de Fai O Irixo, Florentino Pérez Bernárdez, propón tamén que o concello acondicione as antigas escolas que forman parte do inventario municipal e que permanecen abandoadas, para reconvertilas en vivendas con finalidade social.

Para acceder a moción de Fai O Irixo prema no arquivo adxunto:

8, Febreiro 2016

O desfile de comparsas, previsto para este martes de entroido, trasládase ao próximo domingo, debido á previsión meteorolóxica de temporal, con ventos fortes, que podería por en perigo a seguridade das persoas que ían participar nas carrozas e no desfile.

Por isto, o concurso se celebrará o domingo de piñata, 14 de febreiro, coincidindo coa celebración da XXII Festa da Cachucha.

Dende a concellalía de Cultura se informou ás preto de vinte comparsas e murgas, inscritas para participar no desfile, deste cambio, que ven obrigado pola pésima predicción do tempo que hai para a tarde do martes, con ventos superiores aos 60 km/hora e chuvia constante.

Ao longo desta semana se informará do horario previsto para o desfile do próximo domingo, no que participarán a práctica totalidade das comparsas inscritas, ademáis das charangas e folións que xa están contratados.

A única actividade que se mantén para este martes é o entroido a cabalo dos felos de Maside, polas parroquias de Señorín, Partovia e Mesego, con saída do instituto nº 1 a partir das 10,00 h.

 

7, Febreiro 2016

O baile de máscaras do luns de entroido, que se ía celebrar na Praza Maior, trasládase á Praza do Emigrante, onde hai instalada unha gran carpa.

Así pois, a orquesta.espectáculo FÓRMULA, actuará baixo esta carpa, que ten capacidade para acoller a unhas mil persoas.

Os pases serán de 21.00 a 22,00 h., e de 00,00 a 02,00 h.

Dende as concellalías de Cultura e Turismo, así como do sector hosteleiro, que colabora na contratación desta orquestra, considérase que esta baile do luns  conta cunha gran expectación, a pesar do tempo revolto, e se cre que hai moito interés tanto no Carballiño como na comarca e fóra dela por ver esta actuación.

Por isto, acordouse cambiar o emprazamento previsto inicialmente.

A negativa previsión de tempo para tarde noite do luns, 8 de febrero, aconsella este traslado de escenario, co que se garante tanto a actuación desta orquestra, formada por excompoñementes doutras orquestras punteiras de Galicia e que está chamada a ser unha das grandes orquestras desta próxima tempada, como a posibilidade de que o público a poida seguir a colleito.

No é este o único cambio que se está a producir nesteentroido por causa do mal tempo. O sábado, xa se tivo que celebrar o entroido infantil no salón de baile do Casino. O forteventoobrigou a abrir a carpa polos laterais, para evitar que o aire a puidedese levantar.

Sen embargo, o baile de máscaras dos maiores e a actuacións da murga local Os Liborianos, que na tarde do domingo, desenvolveronse baixo esta carpa.

Ademáis, a concellalía de Cultura tomará -probablemnte durante a xornada do lúns- unha decisión acerca de calquera variación que se puidese realizar con respecto ao desfile de comparsas do martes de entroido. Nese caso, será comunicado coa debida antelación.

7, Febreiro 2016

Chegaba o equipo do Vilalonga a Espiñedo coa vitola de líder intratable da categoria, con tan so un partido perdido no que ía de liga. Pero enfronte estaba a mellor versión do Arenteiro desta tempada, a pesar das numerosas baixas, os verdes realizaron un sensacional partido conseguindo unha desas victorias que dín "de prestixio".

Comezou o partido co equipo do Salnés mostrando as súas credenciais de líder, pero paseniñamente o Arenteiro se foi sacudindo o dominio inicial do Vilalonga para pasar a ser o equipo que levaba o control do partido, a asi chegou ao minuto 25 no que Vitti marcaba o gol que sería o da victoria.

Tralo paso por vestiarios o Arenteiro cedeu ao Vilalonga o dominio de balón, pero éste resultou estéril ante a desesperación visitante. Pudo o Arenteiro sentenciar o partido, ata por tres veces con claras ocasións de gol, pero os dianteiros verdes non estiveron atinados na definición. E menos mal que non houbo que lamentálo, e tampouco que o árbitro se tragase un clamoroso penalti na área do Vilalonga.

En definitiva, soberbia tarde dos verdes, que ante a plaga de lesións acabaron o partido con 3 xuvenís no campo. Aínda que máis difícil o terá o adestrador Manel Vázquez o próximo domingo en Domaio, xa que tampouco poderá contar con Dafonte, que completará ciclo, nin Victor Gallego, que foi expulsado cando xa fora sustituído.

CD Arenteiro: Pachi, Marcos Castro, Maxi, Dafonte, Pana, Victor Gallego, Bardelás, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Esteban, Iván Portos, Enríque e Rivera.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS