A Asociación de Pulpeiras e Pulpeiros do Carballiño imparte en Bruxelas unha masterclass aos cociñeiros do catering do Parlamento Europeo
Dez integrantes da Asociación de Pulpeiros e Pulpeiras do Carballiño trasladáronse ata Bruxelas para participar nun acto organizado polo Partido Popular, no que achegaron aos cociñeiros do catering do Parlamento Europeo a receita tradicional do polbo á feira, tras unha polémica de meses atrás cando na carta do comedor da institución europea aparecía un prato de suposto "polbo á feira" cando en realidade era un guiso de aneis de calamar con pataca e brócoli. O presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda, participou no acto, titulado “En Europa, defendendo as cousas para comer”, xunto ao vicepresidente da Eurocámara, Esteban González…