Espiñedo despídese da Primeira RFEF ante a Ponferradina, 0-1

Baixou o telón da Primeira RFEF en Espiñedo, deixando atrás tres tempadas do Arenteiro na esixente categoria de Bronce do fútbol español, e fixoo con derrota ante a SD Ponferradina que con este triunfo no Carballiño optará a derradeira xornada do campionato a meterse entre os cinco primeiros postos que dan dereito a xogar a promoción de ascenso á Liga de Fútbol Profesional.

O equipo do Bierzo, que estivo arroupado en Espiñedo por máis de 350 afeccionados levouse finalmente os 3 puntos grazas a un gol no minuto 31 de partido no que Slavy roubou a carteira á defensa local dentro da área coa habilidade propia dun goleador.

O Arenteiro xogou desde o minuto 70 en inferioridade por decisión do árbitro do encontro que expulsou con cartón vermello directo a Bastida, por entrada a un contrario en campo propio, decir rigurosa é pouco, na líña das arbitraxes padecidas polo Arenteiro nesta liga. Pese a situación descendido desde fai varias xornadas e os problemas extradeportivas que atravesa a entidade, o equipo competíu dignamente e foi despedido con aplausos pola afección verde.

Compartir en: