A Comarca mantén 28 casos activos de mulleres vítimas de violencia de xénero, delas 18 no Carballiño.
O salón de plenos do Concello do Carballiño acolleu a reunión da mesa de coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero, que permite valorar a situación da comarca do Carballiño, levar a cabo melloras nos dispositivos de atención e avanzar na sensibilización da poboación. Segundo os datos aportados pola xefa da Unidade VioGén da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias, o número de mulleres vítimas de violencia de xénero descendeu no concello do Carballiño desde o inicio de ano, pasando de 24 a 18 afectadas. No resto dos concellos da comarca son 10 os casos…