O Concello do Carballiño mobiliza 670.000 euros para obras e melloras en vías e servizos públicos, xardíns, infraestruturas e mantemento
O pleno da corporación municipal carballiñesa ven de dar luz verde á modificación de crédito necesaria para mobilizar preto de 670.000 euros dirixidos a obras e melloras en vías e servizos públicos, xardíns, infraestruturas e edificios municipais. “Trátase de servizos e proxectos moi importantes para o noso concello dos que se beneficiará toda a nosa veciñanza”, resalta José Castro-Gil, alcalde en funcións do Carballiño. Entre outras actuacións, o investimento permitirá realizar reposicións de vías públicas, adecuación e mantemento dos xardíns, renovación de infraestruturas do Parque Municipal, adquisición de mobiliario urbano e melloras do edificio da Biblioteca, no plan de seguridade…