Os ciclistas carballiñeses Marcos Rodríguez e Alejandro García, proclámanse subcampións de España XCO, nas categorias Junior e Sub-23

Enorme carreira dos ciclistas carballiñeses nos Campionatos de España de CROSS-COUNTRY OLÍMPICO, nos que ámbos conseguiron subirse ao podio tras conseguir medallas de prata nas súas respectivas categoria

A proba celebrouse neste sábado 18 de xullo na localidade madrileña de Arroyomolinos, baixo unha calor sofocante, o que fixo que a esixencia fose aínda maior para todos os participantes.

Na categoria Junior, Marcos Rodríguez consolidou no transcurso da carreira a súa segunda posición, mantendo a raia ao seu grupo de perseguidores e proclamándose subcampión de España tras o gañador Benjamín Noval.

Xa na categoria Sub-23, Alejandro García desputou un auténtico man a man co gañador Hugo Franco, ambos moi destacados romperon pronto a carreira e tan so ao final escapouselle a Alex o título nacional por apenas 8 segundos.

Meritorio e valioso Subcampionato de España XCO para os dous deportistas carballiñeses saídos da canteira do Club Ciclista O Carballiño.

Compartir en: