Día: 19 de julio de 2026

Alumnado do CIFP Cantería de Galicia elabora e entrega un templete á Insua dos Poetas coincidindo coa celebración da Festa da Palabra

Alumnado do CIFP Cantería de Galicia elabora e entrega un templete á Insua dos Poetas coincidindo coa celebración da Festa da Palabra

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron na inauguración dun templete elaborado por alumnado de Formación Profesional na Ínsua dos Poetas, no Carballiño, o espazo literario e cultural situado na parroquia de Madarnás e xestionado pola Fundación do mesmo nome, impulsada por Luís González Tosar. O acto de inauguración fíxose coincidir coa celebración da Festa da Palabra, celebrada o pasado sábado. En concreto, a escultura foi realizada por alumnado das antigas ensinanzas da Escola de Canteiros, do que hoxe é o Centro Integrado de FP Cantería de Galicia en Poio.…
Read More

Dña. María Digna González Balbuena -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 71 anos. Esposo: Emilio Ibáñez Gregorio. Fillos: Roberto (+) (Guardia Civil), Diego e Iván Ibáñez González. Filla política: Ana María Lamas Lamas. Neta: Malena. Irmán: Alfonso "Tupino" (+)). Irmás políticas: Ofelia e Rosina. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o luns día 20 as sete da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño (sala nº2) ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior incineración na intimidade familiar. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

Dña. Josefina Márquez Pereira (Natural de Casandulfe de Loeda-Piñor) -D.E.P.-

Faleceu aos 62 anos. Esposo: Modesto Sotelo Cotón. Fillos: Román e Alba Sotelo Márquez. Pais: Jaime Márquez Cibeira e Adelaida Digna Pereira Bernárdez (Falecidos) Pais políticos: Román Sotelo Rodríguez (+) e Aúrea Cotón Barrosa. Irmáns: Antonio e Germán (+) Márquez Pereira. Irmáns políticos: Marisol Moral Álvarez, Maricarmen e Herminia Sotelo Cotón, Ángel Manuel González Pinto e Fidel Caderno Vila. Sobriños: María, Alejandra e Brais. Sobriños políticos, Tíos, Primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este lúns dia 20 de xullo ás 7 da tarde desde o velorio de Seoane-O Carballiño ata a…
Read More
Os ciclistas carballiñeses Marcos Rodríguez e Alejandro García, proclámanse subcampións de España XCO, nas categorias Junior e Sub-23

Os ciclistas carballiñeses Marcos Rodríguez e Alejandro García, proclámanse subcampións de España XCO, nas categorias Junior e Sub-23

Enorme carreira dos ciclistas carballiñeses nos Campionatos de España de CROSS-COUNTRY OLÍMPICO, nos que ámbos conseguiron subirse ao podio tras conseguir medallas de prata nas súas respectivas categoria A proba celebrouse neste sábado 18 de xullo na localidade madrileña de Arroyomolinos, baixo unha calor sofocante, o que fixo que a esixencia fose aínda maior para todos os participantes. Na categoria Junior, Marcos Rodríguez consolidou no transcurso da carreira a súa segunda posición, mantendo a raia ao seu grupo de perseguidores e proclamándose subcampión de España tras o gañador Benjamín Noval. Xa na categoria Sub-23, Alejandro García desputou un auténtico man…
Read More
O concello do Carballiño propón unha tarde de animación musical e xogos na Praza Maior para apoiar este domingo á Selección Española na final do Mundial

O concello do Carballiño propón unha tarde de animación musical e xogos na Praza Maior para apoiar este domingo á Selección Española na final do Mundial

O Concello do Carballiño súmase este domingo ao apoio á Selección Española de Fútbol na final da Copa do Mundo cunha xornada festiva na Praza Maior dirixida á poboación de todas as idades, pensando especialmente nos máis cativos. Nesta liña, o goberno local propón animación musical cun DJ e unha fan zone (zona de xogos relacionados co fútbol) para os máis pequenos a partir das 17,00 horas, ademais de colocar unha pantalla. O tráfico estará pechado no entorno da praza desde esa mesma hora para maior seguridade dos nenos e nenas, que poderán desfrutar das atraccións ata as 20,30 horas.
Read More