O concello do Carballiño propón unha tarde de animación musical e xogos na Praza Maior para apoiar este domingo á Selección Española na final do Mundial

O Concello do Carballiño súmase este domingo ao apoio á Selección Española de Fútbol na final da Copa do Mundo cunha xornada festiva na Praza Maior dirixida á poboación de todas as idades, pensando especialmente nos máis cativos. Nesta liña, o goberno local propón animación musical cun DJ e unha fan zone (zona de xogos relacionados co fútbol) para os máis pequenos a partir das 17,00 horas, ademais de colocar unha pantalla.

O tráfico estará pechado no entorno da praza desde esa mesma hora para maior seguridade dos nenos e nenas, que poderán desfrutar das atraccións ata as 20,30 horas.

Compartir en: