Chega unha nova edición deste acontecemento festivo e gastronómico organizado polo concello do Irixo, que terá lugar este ano durante o domingo 2 de Agosto. No mesmo lugar da localidade do Tellado onde se celebraba a tradicional feira os dias 2 e 17 de cada mes encontrarémos este domingo con postos de venda de productos da zona, artesanía e música para amenizar a xornada.
O programa comezará 10.00 horas cun Roteiro Cabalar polos montes da localidade. Ás 14.00 horas, será o xantar popular na carballeira do Tellado cun menú que estará composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro, sobremesa, café e bebidas. A tarifa para adultos é de 35 €, para nenos de 5 a 10 anos de 15 €, mentres que os menores de 0 a 4 anos poderán acceder de forma gratuíta. Así mesmo, o ticket inclúe bocadillos e bebida para consumir durante o traxecto do roteiro matinal.
A partir das 17.00 horas terá lugar o Concurso Trote, que dará paso ás 17.30 horas ao Concurso de Andaina (chapeada, serrada -1,5 metros de altura e +1,5 metros de altura), con premios para os mellores. Ás 19.30 horas procederase á entrega de premios do concurso.


