Mes: julio 2026

Dña. Sara Pintos López (Viúva de D. Antonio Fernández “Palillo”) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 86 anos. Fillos: Mª José, Emilio e Mónica Fernández Pintos. Fillos políticos: José Eduardo Villarino, Olga López e Ernesto Sobrino. Netos: Eva Villarino, Patricia Fernández e Luna Sobrino. Netos políticos: Diego Asorey e Alex Nieto. Bisneta: Lara Asorey Villarino. Irmáns, irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o mércores día 29 as sete da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño (sala nº 2) ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior incineración na intimidade familiar. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

D. Victoriano Castro Álvarez -D.E.P.-

Faleceu aos 96 anos en San Xiao-Amoeiro. Esposa: Maria del Carmen Gómez Abellás. Filla: Maricarmen Castro Gómez. Fillo político: José Antonio Arce Vidal. Neto: Carlos Arce Castro (Párroco de Albarellos, Laxas, Salón, Pazos de Arenteiro e O Regueiro) Sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución este martes dia 28 de xullo ás cinco e media da tarde, desde o velorio de Amoeiro ata a igrexa parroquial de Santa Mariña de Fontefría, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiteiro parroquial, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
Festa da auga, da escuma, xincana e festa holly: o divertido menú da Semana Grande para Pequenos no verán carballiñés

Festa da auga, da escuma, xincana e festa holly: o divertido menú da Semana Grande para Pequenos no verán carballiñés

O Concello do Carballiño impulsa un verán máis a Semana Grande para Pequenos, que cada ano reúne a centos de nenos e nenas na Praza da Veracruz. A programación arranca este lúns dia 27 de xullo, a partir das 18,00 horas, e estenderase ata o xoves pola tarde. “Esta proposta dirixida aos máis pequenos completa a amplia oferta cultural e lúdica do Concello do Carballiño durante o verán, da que poden desfrutar persoas de todas as idades”, destaca Manuel Dacal, concelleiro de Turismo. A Semana Grande comeza este lúns 27 coa Festa da auga, na que a cativada poderá desfrutar…
Read More
Os carballiñeses Alex García e Marcos Rodríguez convocados pola Selección Española para o Europeo XCO a desputar en Zuiza

Os carballiñeses Alex García e Marcos Rodríguez convocados pola Selección Española para o Europeo XCO a desputar en Zuiza

Son 15 os corredores convocados pola Selección Española de Ciclismo para participar no Campionato de Europa MTB 2026, que se desputará do 29 de xullo ao 2 de agosto en Monteceneri (Suiza). Entre os 15 elexidos figuran os dous ciclistas carballiñeses, ambos veñen de proclamarse subcampións de España na súa respectiva categoria: Alex García en Sub-23 e Marcos Rodríguez en Junior. Sen dúbida, un gran colofón para a espectacular temporada protagonizada por ambos deportistas.
Read More

D. Antonio Barrosa Valeiras -D.E.P.-

Faleceu aos 73 anos no Carballiño. Esposa: María Rosa Pereira Vázquez. Filla: Olalla Barrosa Pereira. Filla política: Paula Docampo Hortas. Irmáns: Juan (+) José (+) Cesáreo e María José Barrosa Valeiras. Irmáns políticos: María Luisa (+) Concepción, Teresa e Salvador. Sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución este domingo dia 26 de xullo ás 7 da tarde desde o Tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño ata a igrexa parroquial de San Xoán de Seoane, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O velorio…
Read More

D. Benigno Justo González “El Sastre” -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 90 anos. Esposa: María Isabel Iglesias Cerqueira. Fillas: Monserrat, Ana María e Beatriz Justo Iglesias. Fillos políticos: José María Fernández Castro "Pelé" e Omar Álvarez. Netos: Unai (+) Jon e Nagore. Irmás: Josefa (+) Nieves (+) e Modesta (+) Irmáns políticos, sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución o domingo dia 26 de xullo ás cinco da tarde, desde o tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño ata o Templo da Veracruz, onde se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Señorín, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O…
Read More

Dña. María del Carmen Vázquez Fernández (Viúva de José De La Fuente Costas, veciña de Pereira de Carballeda-Piñor) -D.E.P.-

Faleceu en Pereira de Carballeda-Piñor aos 95 anos. Fillos: María Elvira, José María (+) e Maria del Mar De La Fuente Vázquez. Fillos políticos: Jacinto Figueroa, María del Carmen Barcia e Manuel Gil. Netos: María del Camen e Maria del Socorro Figueroa e David De La Fuente. Netos políticos: Francisco Javier Otero e Noelia. Bisneta: Noelia Otero. Irmá: Elvira Vázquez Fernández (+) Irmán político: Antonio Torneiro (+) Sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución este sábado dia 25 de xullo ás 7 da tarde desde o veloiro municipal de Cea ata a igrexa parroquial…
Read More
Que podes encontrarte no concello de Carballedo neste verán? Descúbreo aquí no programa especial de COPE O Carballiño desde A Barrela

Que podes encontrarte no concello de Carballedo neste verán? Descúbreo aquí no programa especial de COPE O Carballiño desde A Barrela

A radio viaxeira dos venres de verán trasladouse ata a casa do concello de Carballedo, na capitalidade municipal na Barrela, coincidindo precisamente estes dias coa celebración das festas patronais do Santiago Apóstol. Co alcalde Julio Yebra repasamos a actualidade municipal, descubrimos que logo Carballedo vai contar cun pantalán no río Miño que facilitará os paseos en catamarán ou pequenas embarcacións nun proxecto do que tamén participa a Confederación Hidrográfica do MIño-Sil. Tivemos con nós a Alba Pérez, concelleira da corporación municipal, e coordenadora da quedada organizada e guiada para vivir o Eclipse Solar do dia 12 de agosto, que terá…
Read More
A III Mostra de Viños do Carballiño enxalza esta fin de semana a calidade das adegas da DO Ribeiro e de Portugal, na Praza Maior

A III Mostra de Viños do Carballiño enxalza esta fin de semana a calidade das adegas da DO Ribeiro e de Portugal, na Praza Maior

O Concello do Carballiño impulsa a terceira edición da Mostra de Viños, unha cita que cada verán promociona os mellores viños da contorna e os marida con música e actuacións en directo. “Estamos moi satisfeitos de contar coa participación de viños de gran calidade da nosa xeografía, así como de recibir por primeira vez unha adega portuguesa”, destaca Manuel Dacal, concelleiro de Turismo. A III Mostra de Viños, ademais, dá o pistoletazo de saída da programación da 64ª Festa do Pulpo, que ofrecerá máis de 40 actividades culturais e lúdicas ata o domingo 9 de agosto. Un total de nove…
Read More
O Grupo Provincial Socialista impulsa un plan de apoio aos concellos para a xestión de edificacións en estado de ruína ou perigo de derrubamento

O Grupo Provincial Socialista impulsa un plan de apoio aos concellos para a xestión de edificacións en estado de ruína ou perigo de derrubamento

Os Socialistas conseguiron aprobar por unanimidade da corporación provincial a moción para impulsar un plan específico de apoios aos concellos na xestión de edificacións en estado de ruína, abandono ou risco de derrubamento. O acordo incorpora o compromiso de ampliar a dotación económica do Plan Provincial de Vivenda ata os 1.500.000 euros, así como de incorporar unha asistencia técnica especializada para apoiar aos municipios na investigación, identificación e regularización da situación destas edificacións. A iniciativa, que se votou por puntos, contou co respaldo maioritario da corporación provincial, agás nos puntos 2 e 3 dos acordos, nas que o PP se…
Read More