O presidente da Xunta participa nos actos da Festa do Pan de Cea, dedicada este ano “ao mar de Galicia”
O Presidente da Xunta Alfonso Rueda acudíu este domingo ao campo da Saleta á celebración da 33 edición da Festa de exaltación do Pan de Cea, declarada de interés turístico de Galicia. O mandatario autonómico felicitou ao concello de San Cristovo de Cea e ás panadeiras e panadeiros de Cea por manter viva unha tradición secular tan representativa da nosa gastronomia e da nosa cultura. Rueda acompañou no campo da Saleta á Conselleira do Mar, Marta Villaverde, que exerceu como pregoneira nunha edición dedicada este ano "Ao mar de Galicia", e que incluíu degustacións gratuítas de productos mariñeiros con pan…