Mes: julio 2026

O Grupo Provincial Socialista reclama que a Deputación “abandone a pasividade e lidere a preparación da eclipse con medidas concretas e apoio aos concellos”

O Grupo Provincial Socialista reclama que a Deputación “abandone a pasividade e lidere a preparación da eclipse con medidas concretas e apoio aos concellos”

O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense vén de rexistrar unha solicitude de información para coñecer que actuacións ten previsto desenvolver o goberno de Luis Menor con motivo da eclipse total de sol do próximo 12 de agosto, ante a absoluta ausencia de información e iniciativas por parte da institución provincial. As e os socialistas consideran que a Deputación "non pode permanecer de brazos cruzados" diante dun acontecemento excepcional que converterá a Ourense nun dos mellores lugares de Europa para contemplar un fenómeno astronómico que non volverá repetirse en Galicia ata o ano 2180. "O máis preocupante non é…
Read More

Dña. Concepción Cerdeira Vázquez (Viúva de D. Obdulio Carneiro Pérez) -D.E.P.-

Faleceu en Feás aos 92 anos. Fillos: Magín e Juan Antonio Carneiro Cerdeira. Filla política: Aurora Alonso Benedetto. Netos: Lorena, Ana, Alba e Anabel Carneiro Alonso. Netos políticos: José Francisco Campos, Christophe Deletraz e Delio Baranda. Consogros: Ramón Alonso Sieiro e Clarisa Benedetto Banga. Irmáns: Samuel (+), Encarnación (+), Antonio (+), Rosa e Alfredo Cerdeira Vázquez. Irmáns políticos: Lola, Argimiro (+), Digna, Amador e Leticia. Bisnetos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o venres día 10 as oito da tarde dende o tanatorio de Feás ata a igrexa parroquial de San Antono de…
Read More

Dña. Estrella Fernández Díaz (Viúva de Camilo Rodríguez “O PIllo”) -D.E.P.-

Faleceu en Casfigueiro-San Mamede da Canda (Piñor) aos 98 anos. Fillo: José Antonio Rodríguez Fernández.´Filla política: Maria del Pilar Peloche Ogando. Netos: David e Laura. Irmás: Victorina e Celia. Irmáns políticos, sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este xoves dia 9 de xullo ás nove menos cuarto da tarde, desde o velorio municipal de San Cristovo de Cea a ta a igrexa parroquial de San Mamede da Canda, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán agradecidos.
Read More
Aparece o cadáver dun home flotando nas augas do río Arenteiro ao seu paso polo parque municipal do Carballiño.

Aparece o cadáver dun home flotando nas augas do río Arenteiro ao seu paso polo parque municipal do Carballiño.

Os bombeiros rescataron á vítima este mediodia de mércores, tras o aviso dun particular que deu conta ao 112, informando da localización dunha persoa aboiando sobre as augas do río Arenteiro, na zona do estacionamento da avenida do Arenteiro, no parque municipal do Carballiño. Resultou ser un home, dunhos 50 anos de idade, e todo parece indicar que se trata dunha persoa que podería estar pescando nesa zona do río Arenteiro. De feito localizouse unha cana de pescar á beira do río. Os sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tan so poideron certificar o falecemento deste home, nun operativo que…
Read More

D. Manuel Filgueira Amaro (Viúvo de Hortensia Fraiz Bravo e natural de Sidre -Froufe- O Irixo-) -D.E.P.-

Faleceu aos 78 anos. Fillo: José Manuel Filgueira Fraiz. Irmáns políticos: Isolina Fraiz Bravo, Carmen, Camila, Juan Bautista e Antonio Fraiz Bravo; José Muradás, Manuel Otero, Esther Bravo e Carmen Cerdeira (falecidos). Sobriños, sobriños políticos, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 9 as catro e media da tarde dende o velorio do Campo (O Irixo) ata a igrexa parroquial de San Juan de Froufe (O Irixo) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O velorio abriráse a partir das…
Read More

Dña. Celsa García Nogueira (Viúva de Manuel Fos Otero) -D.E.P.-

Faleceu en As Laxas aos 97 anos. Filla: Rosa Fos García. Fillo político: Manuel Rodríguez Des. Netos: Javier e Iván Rodríguez Fos. Neta política: Nuria Álvarez Pérez. Bisnetos: Anxo e Gael Rodríguez Álvarez. Sobriña: Olga López Fos. Afillados, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 9 as sete da tarde dende o velorio de Loureiro (O Irixo) ata a igrexa parroquial de San Pedro de Dadín (O Irixo) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
Valladares anuncia que optará á reelección á alcaldía de San Cristovo de Cea nas municipais de 2027

Valladares anuncia que optará á reelección á alcaldía de San Cristovo de Cea nas municipais de 2027

O alcalde do Partido Popular no concello de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, optará a un novo mandato e e revalidar o seu cargo de alcalde, un cargo que obstenta desde o ano 1991, cando se presentou por vez primeira baixo as siglas de Centristas de Galicia, e xa desde o ano 1995 encabezando a candidatura do Partido Popular, e revalidando sempre o cargo con maioria absoluta en todas as convocatorias. Polo tanto, o rexedor suma xa 35 anos cumplidos como titular da alcaldía de San Cristovo de Cea, sendo un dos alcaldes máis veteranos a nivel da…
Read More

Dna. Isabel Fernández Diéguez (Natural de A Lama – O Campo- O Irixo)- D.E.P.-

Faleceu en Ourense aos 64 anos. Esposo: Andrés Rodríguez Méndez (exempregado de ADIF Ourense). Fillos: Paula e Antón. Filla política: Carla. Irmáns: Marisol, Rosa (+) e Puri. Irmáns políticos: Antonio, Eva, José (+), Toñito e Julio. Afillados, sibriñas, sobriños e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o mércores día 8 as seis e media da tarde dende o velorio Do Campo (O Irixo) ata a igrexa parroquial de Santa María Do Campo (O Irixo) na que se celebrará o funeral, e posterior incineración na intimidade familiar. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
Ven de iniciarse unha nova campaña de escavacións no Castro de San Vicente de Avión, e de novo unhos traballos que non están a defraudar xa que neste primeiros dias de actividade arqueolóxica xa sairón á luz couzóns, un muiño, unha base de columna e zonas de combustión. Estas escavacións estan promovidas unha vez máis pola CMVMC de San Xusto e pola Asociación Cultural Vive Avión. Estarán custeadas na súa maior parte pola CMVMC de San Xusto e tamén por unha aportación da A.C Vive Avión. Ademáis contan coa colaboración do Concello de Avión e coa autorización pertienente por parte…
Read More

Dña. María Jesús París Rodríguez (Viúva de D. Julio Fariña Sanmarful) -D.E.P.-

Faleceu en A Coruña aos 68 anos. Fillas: Silvia e Mónica Fariña París. Fillos políticos: José Antonio e Juan Carlos. Netos: Julio,, Jairo, Joel e Marco. Irmá: María del Pilar. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o luns día 6 de Xullo as oito menos cuarto da tarde dende Tanatorio García Aliende de Leiro (sala Ribeiro) ata a igrexa parroquial de San Breixo de Berán na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More