Mes: julio 2026

1º Cabodano Dña. Guadalupe Lamas Lamas -D.E.P.-

Falecida en Alvite-Muradás (Beariz) aos 52 anos. Pais: Herminda Lamas Taboas e Manuel Lamas Rodríguez (+) Esposo: Samuel Prol Janeiro. Fillo: Ismael Prol Lamas. Irmáns políticos: Hector e Manuel prol Janeiro. Irmáns políticas. Tios: Ramiro Lamas Rodríguez e Saladina Lamas Táboas. Tios políticos, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano que se celebrará o sábado dia 18 de xullo ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Beariz, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. Sairá un autocar da empresa Montañesa ás tres e cuarto da tarde desde O Carballiño…
Read More

1º Cabodano de Dña. Josefa Bernández Fumega (Natural de Pol de Piteira e veciña de Arcos) -D.E.P.-

Falecida o dia 7 de xullo de 2025 aos 72 anos en Arcos-O Carballiño. Esposo: Raúl Meijomil López. Filla: Sandra Meijomil Bernárdez. Fillo politico: Javier Blanco Rodríguez (Talleres Nemesio) Netos: Itziar e Ander Dacuña Meijomil. Irmáns: Asunción, Amelia e Pepe Bernández Fumega. Irmáns políticos: José e Sara. Sobriños, primos e demáis familia. Rógalles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano que se celebrará este sábado dia 18 de xullo ás 7 da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Arcos-O Carballiño, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O Concello do Carballiño moderniza a iluminación da Praza Maior e da Igrexa de San Cibrao e reduce en máis dun 60% o gasto enerxético

O Concello do Carballiño moderniza a iluminación da Praza Maior e da Igrexa de San Cibrao e reduce en máis dun 60% o gasto enerxético

O Concello do Carballiño vén de finalizar as obras de renovación da iluminación da Praza Maior e da Igrexa de San Cibrao, a tamén coñecida como “igrexa vella”. Esta intervención forma parte do proxecto de modernización das luces dos espazos emblemáticos da vila, iniciado o pasado verán coa instalación dunha nova iluminación na Praza da Veracruz. Ademais da importante mellora visual, a nova tecnoloxía supón un aforro enerxético de máis do 60%. O investimento total do proxecto alcanza os 140.424,30 euros. A empresa adxudicataria da actuación foi a Sociedad Española de Construcciones Eléctricas, S.A. (SECE), xunto a Auditesa, quen se…
Read More

Dña. María del Carmen Bravo López “Maruja” (Viúva de Andrés López Rodríguez) -D.E.P.-

Faleceu en O Carballño aos 92 anos. Fillo: José Manuel (+). Filla política: Sandra. Netos: Andrés e Carolina. Irmás: Preciosa e Hortensia. Irmáns políticos: Antonio (+), Emilio "Milucho", Jesusa e Lola. Sobriños, bisnetos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o venres día 17 as oito da tarde dende o velorio de Maside ata a igrexa parroquial de Santo Tomé de Maside na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O goberno local reforza o seu apoio aos empresarios do Carballiño e avanza a posta en marcha do viveiro de empresas e a reparación de viais da área industrial

O goberno local reforza o seu apoio aos empresarios do Carballiño e avanza a posta en marcha do viveiro de empresas e a reparación de viais da área industrial

O alcalde en funcións do Carballiño, José Castro-Gil, e o concelleiro de Turismo e Industria, Manuel Dacal, mantiveron esta mañá unha reunión coa xunta directiva da Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño (AICA) para coñecer as necesidades e reforzar o apoio ao colectivo. No encontro, Castro-Gil e Dacal avanzaron as principais medidas que o Concello levará a cabo nos próximos meses, tales como a posta en marcha do viveiro de empresas ou a limpeza e reparación de viais da área industrial. Por outra banda, comprometeron a colaboración do goberno municipal en cuestións de seguridade como a posta en…
Read More

1º Cabodano D. José Luis Salceda Rivera -D.E.P.-

Faleceu o día 14 de Xullo de 2025 en Cenlle aos 78 anos. Esposa: Rosa Domínguez López. Fillo: Antonio Salceda Domínguez. Irmáns: José Ramón, Juan Manuel e Raúl Salceda Rivera. Irmáns políticos: María Morales Solís, Modesta Domínguez López, Jesús López López, Juan Carlos Domínguez López e Carmen Franco. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 18 as sete e media da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Cenlle. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

1º Cabodano D. Emilio Figueiredo Rodríguez (Natural de Gavián -Santa Eulalia de Longos- Cea)

Falecido o día 15 de Xullo de 2025 en Vilagarcía de Arousa aos 92 anos. Esposa: Lola González Godoy. Fillos: Ángel e Ana Figueiredo González. Fillo político: Javi. Netos: Martín; Susa. Irmáns: Modesto Figueiredo Rodríguez (viúvo de Carmen Fernández Godoy, Socorro (+), Camilo (+) e Pepe (+). Irmáns políticos: Raúl Rodríguez Blanco e Maruja e Lenita González Godoy, Manuel (+), Josefina (+), Norma (+), Felisa (+), Nemesio (+), Manuel (+), Avelina (+) e Daniel (+), Afillados, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 18 de xullo as seis da…
Read More
Espazo Común tilda de erro o cámbio de ubicación para a Festa da Xuventude na festa do pulpo e rexeita as explicacións do concello

Espazo Común tilda de erro o cámbio de ubicación para a Festa da Xuventude na festa do pulpo e rexeita as explicacións do concello

O portavoz de Espazo Común na corporación municipal, Adolfo Nogueira, pasou polo "Mediodia de COPE O Carballiño" para contestar ás declaracións da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Torres, neste mesmo programa culpando a Espazo Común de estar detrás desta polémica. Adolfo Nogueira afirmou que a decisión é política, e que o informe da Policia Local "sabemos a que responden este tipo de informes" foi posterior, e preguntouse se a mesma Policia Local pode emitir un informe sobre a idoneidade do novo emprazamento das Barcias nunha zona o lado do rio e sen sombra. Escoita aquí a intervención de Adolfo Nogueira:
Read More

D. Manuel Fortes Pérez -D.E.P.-

Faleceu aos 79 anos. Esposa: María Elsa Rodríguez Janeiro. Fillos: María Matilde, José Manuel e Richard. Fillos políticos: Samira e Kim. Netos: Luna, Noel, Cruise, Isa e Skye. Irmáns: Amparo, Rosa, Laureano e Isaura. Irmá política: Ana. Sibriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o mércores día 15 as oito menos cuarto da tarde dende o velorio de Liñares ata a igrexa parroquial de Santa María de Baiste na que se celebrará o funeral, e posterior inhumacion no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Torres, defende o cambio ás Barcias da Festa DJ e acusa a Espazo Común de estar detrás da polémica

A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Torres, defende o cambio ás Barcias da Festa DJ e acusa a Espazo Común de estar detrás da polémica

A concelleira defende o cámbio da ubicación tradicional polo novo emprazamento das Barcias por responsabilidade tralo informe elaborado pola Policia Local do Carballiño, desaconsellando que este evento continuase a celebrarse no interior do parque municipal por motivos de seguridade. Elvira Torres acusou a Espazo Común de estar teledirixindo aos xóvenes que están manifestandose en contra deste cámbio e asegurou que esta decisión adoptouse por unanimidade de todos os departamentos e concellerias implicadas na organización da Festa do Pulpo. Aqui podes escoitar a entrevista á Concelleira de Medio Ambiente en COPE O Carballiño:
Read More