O 18 Festival de Títeres convoca á cativada carballiñesa con espectáculos diarios ata o xoves dia 23. Consulta aquí a programación.
O Concello do Carballiño impulsa a 18ª edición do Festival de Títeres, unha cita referente no panorama galego cultural e que cada ano atrae a veciñanza e visitantes á explanada do Parque Municipal. A programación, que arranca este luns día 20 e remata o xoves, día 23, inclúe tanto espectáculos como obradoiros, para que os máis pequenos non só desfruten das historias, senón que tamén poidan crear as súas propias. “Trátase de achegar o público máis cativo ao mundo do teatro”, apunta Diego Fernández, concelleiro de Cultura, quen resalta a traxectoria do festival. “É unha oferta que completa moi ben…