Daniel Caíña, Sarxento-Xefe do Parque de Bombeiros: “a seguridade facía necesario un cámbio de emprazamento para a Festa DJ”

Con esta intervención en COPE O Carballiño o mando do Parque Comarcal de Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro quixo aclarar o seu punto de vista sobre a polémica pola contestación ao cámbio de emprazamento acordado polo concello carballiñés, para este evento que reúne no parque municipal o dia da festa do pulpo a miles de xóvenes.

Caíña desvelou o contido do informe elaborado a petición do concello do Carballiño e no que se desaconsella a celebración desta concentración no seu escenario habitual, e considera como apto o novo emprazamento nas Barcias, onde terá lugar este próximo domingo.

Escoita aquí a entrevista a Daniel Caíña, Sarxento-Xefe do Parque de Bombeiros:

Compartir en: